martes, 21 de decembro de 2021

FELIZ NADAL!

 Aquí vos deixamos unha canción de nadal preparada por todos os nenos e nenas. Esperamos que vos guste! Boas vacacións a todos! 

Recomendacións de nadal

 Bo nadal a todos e todas! Dende a biblioteca deixámosvos unhas recomendacións de lectura para estas vacacións!

Final da 2ª etapa

 Os nenos e nenas de segundo aprenderon moitas cousas sobre Eduardo Pondal 




sábado, 11 de decembro de 2021

TOMAS 3 E 4 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" EN 6.ºEI

Na aula de 6.º de Educación Infantil, as nenas e nenos seguen traballando e aprendendo moito co proxecto de igualdade. Velaquí unha nova mostra 😊

TOMA 3

A partir dunha carta que lles enviou Sarela, traballaron sobre as escolas do circo en relación co dereito á educación polo Día Universal da Infancia.

TOMA 4

Relacionado co Día Internacional contra a Violencia de Xénero, traballaron sobre o conto titulado El elefante encadenado. Chegaron á conclusión de que todo o mundo ten dereito a ser libre e romper con calquera estaca á que permaneza atado.

En base a isto, pensaron un final diferente a esta historia que seguro vos encantará 😍




Grazas polo voso traballo e parabéns 💓



sábado, 4 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A historia de superación de Adiaratou Iglesias Forneiro animounos a poñernos en contacto con ela e coñecer un pouco máis sobre a súa discapacidade, coa finalidade de abordar este 3 de decembro a temática polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade 💓💙💚💛💜

Baixo o lema "(Adi)ante coa inclusión" realizamos unha carreira cos ollos vendados en honor aos seuus recoñecementos nos Xogos Paralímpicos.

A elaboración de dorsais coa silueta da súa cara, o visionado de vídeos, a elaboración de cartelería ou a lectura de contos sobre a temática foron algunhas das propostas desta semana.

mércores, 1 de decembro de 2021

Día contra a violencia de xénero

 Boas a todos e todas! Este ano para conmemorar o 25N os nenos e nenas do cole traballaron moitísimo! Mirade que traballo tan bonito!


Ademais, na entrada do colexio puxemos unha exposición de libros sobre a temática.

xoves, 25 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Ao longo deste mes de novembro, celébrase o mes da ciencia en galego. Como puidestes ver, deixeivos na entrada do colexio unha exposición de libros sobre a temática.

Ademais as diferentes aulas fixéronme chegar algúns dos experimentos que realizaron. Poñédevos cómodos/as que arrinca unha sesión do máis científica 🔬🔭🌞🌟🌙

AULA 4.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA


AULA 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA


AULA 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA




Moitas grazas polas vosas aportacións,

luns, 22 de novembro de 2021

20 novembro: Día mundial da infancia

 O sábado 20 de novembro foi o Día Mundial da Infancia, por iso no centro traballamos os dereitos que teñen os nenos e nenas. Deixámosvos un resumo do traballo realizado:


Parabéns polo traballo realizado!

Saúdos, Fidalgo



xoves, 11 de novembro de 2021

Un agasallo por sorpresa!

Bos días a todos e todas! 

Fai uns días decidín entregar un pequeno agasallo a todos os usarios da biblioteca. Cada un/unha recibiu unha bolsa de tea para levar de xeito máis cómodo os libros da biblioteca. Encántame velos xa pola biblioteca todos equipados!! 


Un saúdo a todos/as

martes, 9 de novembro de 2021

TOMAS 1 E 2 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" EN 6.ºEI

Bo día lectoras e lectores!! Que tal estades? Como levades os PDI? Moi silenciosamente estouvos observando e decátome de canto vos esforzades e do que gozades con todas as propostas 😍

Hoxe recibín unha grata sorpresa a través do correo electrónico!! As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil enviáronme as tomas 1 e 2 do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Queredes ver que bo traballo están a facer? Mirade, mirade 👀

Parabéns rapazas e rapaces 👏👏

Unha forte aperta,

martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe quero compartir con vós un vídeo da nosa celebración do Samaín🎃💀👻👿 Agardo que vos guste 😍


Como puidestes ver, participamos na iniciativa "Presume de xardíns" proposta dende o Concello de Carballo. Por este motivo, elaboraron un vídeo para colgar nas súas redes sociais. Déixovolo a continuación 👀 Moitas grazas por amosar o noso traballo!!😀

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación 😍

Un saúdo de medo,

venres, 29 de outubro de 2021

ACTIVIDADE "CIRCARTE" EN 5.º EI

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe recibín un vídeo moi especial 😀 Desta volta, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil realizaron a actividade "Circarte" do proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet". Con ela estiveron a reflexionar sobre quen realizaba determinadas labores dentro do circo. Queredes velo? 👀

Moitos parabéns polo voso traballo 👏 

Un bico ben forte, 



xoves, 28 de outubro de 2021

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS


Ola lectoras e lectores da Bibliosanluís!! Que tal estades? Que vos pareceron as propostas para celebrar o Día das Bibliotecas? 📚 Estou moi ledo de ver a boa acollida que tiveron, sodes uns campións e campioas. Moitos parabéns polo voso traballo!! 👏👏 Velaquí vos deixamos imaxes e vídeos de como realizastes as propostas.

5.º EDUCACIÓN INFANTIL

6.º EDUCACIÓN INFANTIL

2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

5.º EDUCACIÓN PRIMARIA




6.º EDUCACIÓN PRIMARIA


Ata a próxima,

martes, 26 de outubro de 2021

Os nenos/as de 1º comezan a andaina

Boas a todos e todas! Comezamos a nosa andaina e para iso precisamos a axuda dos nenos/as de 1º que se encargaron de investigar e aprender sobre a coñecida Olería de Buño. Iso si, o seu traballo non remata aquí, agora deben eles facer uns zoquiños de barro para demostrarnos todo o que aprenderon! Estamos desexando ver como lles quedan!  



domingo, 17 de outubro de 2021

Un novo proxecto, unha nova aventura!

 Que tal estades rapaces e rapazas? Os nenos e nenas de educación infantil comezaron fai uns días o seu proxecto sobre o circo... non sabedes como están a traballar! Agora é a vosa quenda... escoitade atentamente a miña mensaxe!


mércores, 13 de outubro de 2021

ARRINCA O PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"

Lectoras e lectores, lembrades que o curso pasado resultamos gañadores/as da VII Convocatoria Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero co proxecto titulado Baixo a mesma carpa de crochet na categoría de Educación Infantil? 👏👏 Por este motivo, ao longo de todo o curso, os máis pequenos e pequenas do colexio van levar a cabo as súas actividades e compartiranas con todos nós.

Este proxecto trata sobre o circo e con el traballarase sobre a igualdade de xénero. Para poñervos en situación, déixovos un anaquiño da xustificación do proxecto.


“Entendí entonces por qué el enorme y poderoso elefante que yo veía en el circo se quedaba encadenado: él estaba convencido de que nunca podría liberarse de su estaca. El pobre animal tenía el fracaso grabado en su memoria de elefante y jamás, jamás, había vuelto a poner a prueba su fuerza...”.

Este fragmento do marabilloso libro de Jorge Bucay El elefante encadenado fainos pensar nesa estaca que, ao longo dos anos, fixo que a igualdade de xénero non avanzase como quixeramos, unha estaca da que custa liberarse xa que foi pasando de xeración en xeración.

Do mesmo xeito, fainos reflexionar sobre a situación dunha persoa que pode ser vítima de violencia de xénero. Moitas veces por desgraza aínda temos que escoitar nalgunhas conversas iso de: -E se lle pega, porque non marcha? Quizais a situación do elefante encadeado nos pode dar algunha resposta: tenía el fracaso grabado en su memoria.

Con todo isto, podemos ver como os estereotipos de xénero que as nenas e nenos viven dende idades temperás, poden marcar a súa vida adulta. Dado que o noso alumnado está nesta etapa, intentaremos crochetear os fíos necesarios para axudarlles a que a equidade de xénero e o respecto á diversidade forme parte das súas vidas.

Decantámonos por este tema porque nestes tempos de pandemia, o nerviosismo está presente en nós, tanto no alumnado como nas familias e no profesorado. Consideramos que a diversión que pode aportar o tema do circo faría máis levadeira esta situación na que os protocolos condicionan tanto o noso xeito de vivir. Pretendemos que o único efecto secundario que teña todo isto sexan sorrisos e poñer en valor o traballo dos pallasos e pallasas que animan nos hospitais.

Todo isto lévanos a facer unha reflexión sobre o circo: Como un mundo que gusta tanto aos nenos e nenas e cala tan fondo neles/as está tan marcado por estereotipos?

Rematamos cun parágrafo de Jorde Bucay que di: “Todos/as somos un poco como el elefante del circo: vamos por el mundo atados a cientos de estacas que nos restan libertad. Vivimos pensando que no podemos hacer montones de cosas, simplemente porque una vez, hace tiempo, cuando éramos pequeños/as, lo intentamos y no lo conseguimos. Hicimos entonces lo mismo que el elefante, y grabamos en nuestra memoria este mensaje: No puedo, no puedo y nunca podré. Hemos crecido llevando ese mensaje que nos impusimos a nosotros/as mismos/as y por eso nunca más volvimos a intentar liberarnos de la estaca. Cuando, a veces, sentimos los grilletes y hacemos sonar las cadenas, miramos de reojo la estaca y pensamos: No puedo y nunca podré”.

E isto é o que non queremos para as nosas nenas e nenos.


Agora, ollade este vídeo para ver como comezaron na aula de 5.º de Educación Infantil o proxecto.

Moitas grazas pola vosa implicación e ilusión. Parabéns por un comezo tan emocionante!!! 😍

Un bico virtual,




BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS VOLCÁNS

Ola, lectores e lectoras da Bibliosanluís!! Que tal estades? Eu estou moi ledo, xa que comezo a ver as vosas cariñas pola biblioteca 😍 ademais, estades a facerme chegar xa algúns traballiños, que ilusión!!!

Desta volta, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, queren compartir con nós unha nova aventura na que están inmersos. Sabedes o que están a traballar? Os volcáns. Se queredes seguir os pasos deste proxecto, estade atentos/as ao que publican nesta ligazón.

Quixeron informarse para dar resposta as súas inquedanzas e non dubidaron en vir á biblioteca en busca de libros sobre a temática 📚📚. Mirade, mirade 👀

Grazas por compartilo con nós!!



xoves, 23 de setembro de 2021

RESUMO DAS NORMAS DE ACCESO Á BIBLIOTECA

Usuarios e usuarias da biblioteca!! 📙📘📗📕 Botásteslle un ollo ao protocolo de acceso á Bibliosanluís para este curso 2021/2022?? Velaquí vos vai un pequeno resumo del.



Vémonos pronto,



PROTOCOLO DE ACCESO Á BIBLIOTECA

Velaquí vos deixamos o Protocolo de acceso á Bibliosanluís, co que se pretende salvagardar a saúde dos usuarios e usuarias da nosa biblioteca. Para que sexa máis accesible para todos e todas, tamén quedará pendurado na marxe dereita.

Un saúdo e moita saúde,

Fidalgo.



martes, 22 de xuño de 2021

REVISTA ESCOLAR E FIN DE CURSO

Queridas lectoras e lectores!! Hoxe poñemos punto final a este curso 2020/2021 que, sen lugar a dúbida, foi un curso ben diferente pero non por iso menos especial. Imaxino que xa lle botariades un ollo á revista "A voz do San Luís" que hoxe levastes para as vosas casas pero, igualmente, gustaríame deixala aquí de recordo.

Quero eviarlle moita sorte aos nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria no seu paso ao instituto, non vos esquezades de nós!!! Para todos/as eles/as e para o resto da comunidade educativa, moi feliz verán. Gozade das vacacións 🌞

Un abrazo virtual ben grande,



sábado, 19 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Bo día lectoras e lectores 😊 Como estades a afrontar os últimos días deste curso tan atípico? Agardo que da mellor forma posible. Mirade, agora que se achegan as vacacións, estivemos a preparar un tríptico con recomendacións lectoras, onde incluímos diferentes materiais que adquirimos este ano para a Bibliosanluís e que teñen éxito entre vós.

Este tríptico levarédelo impreso para as vosas casas 📚


Un saúdo,



sábado, 29 de maio de 2021

MÁIS BANDA DESEÑADA NA COLECCIÓN

Que tal lectoras e lectores! Como estades? Xa se achega a recta final do curso. Moita forza para afrontala!! 💪💪

Hoxe veño contarvos que incorporamos á colección de banda deseñada novos fondos. Agardo que vos gusten e que vos animedes a lelos!! 📚😍




Un saúdo virtual,



martes, 18 de maio de 2021

FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 

Estou moi contento de ver como ao longo de toda a semana estivestes traballando, a través dos recursos que vos facilitei, a vida e a obra da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias. 

As crianzas de 6º de Educación Infantil  quixeron compartir con todos e todas dúas actividades que estiveron realizando ao longo da semana: un retrato da escritora e o recitado dun poema dunha das súas obras, agardo que gocedes delas!😊👀👂


Un saúdo,



sábado, 8 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Lectoras, lectores!!! Lembrabádesvos de que o próximo 17 de maio é o Día das Letras Galegas? Pois ben, veño deixarvos uns xoguiños interactivos sobre Xela Arias, a autora homenaxeada este ano.

PASAPALABRA


VERDADEIRO OU FALSO


Agora, achégovos tamén outros materiais elaborados no noso colexio.

PRESENTACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE XELA ARIAS

REBUMBIO DE LETRAS DAS FACETAS PROFESIONAIS DE XELA ARIAS


ENCRUCILLADO


MINILIBRO


MARCADOR XELA ARIAS


MARCAPÁXINAS XELA ARIAS


Gustaríame tamén, dende aquí, felicitar aos centros gañadores do Concurso de Carteis deste ano 👏👏 Se premedes nas seguintes ligazóns, accederedes aos diferentes materiais de Educación Primaria que, por certo, son ben interesantes para traballar sobre a figura de Xela Arias 😀

  • Carteis Letras Galegas 2021:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-22836.pdf
  • Guía Didáctica:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-22838.pdf

Un saúdo,



venres, 7 de maio de 2021

NOVAS ADQUISICIÓNS

Bo día raparigos e raparigas!! Como estades? Hoxe veño contarvos que, na Bibliosanluís, contamos con novos materiais 😀👏 Estade atentos/as que volos vou presentar 👀

Tiny:bit Smart Robot para os/as maiores do cole.



Lapis para facer figuras en 3D



Robot Qobo



Matatalab



Impresora 3D



Agardo que lles deades moito uso e que aprendades moito con eles. 

Un saúdo,

xoves, 29 de abril de 2021

QUE FIXEMOS NA SEMANA DO LIBRO?

Como xa sabedes, na semana do 19 ao 23 de abril conmemoramos a Semana do Libro 📚 Ao longo dos días, todas as nenas e nenos desenvolvemos diferentes actividades como elaboración de marcapáxinas, lecturas no patio, contacontos, book-selfies... A continuación amosámosvos o resultado 😍

4.º EDUCACIÓN INFANTIL


5.º EDUCACIÓN INFANTIL


6.º EDUCACIÓN INFANTIL

En 6.º de Educación Infantil contamos un conto que nos gusta moito!!😊


1.º EDUCACIÓN PRIMARIA


2.º EDUCACIÓN PRIMARIA







3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e nenos de 3.º realizaron un concurso de carteis sobre o Día do Libro.


A gañadora foi Carla. Moitos parabéns!!! 👏👏 O meu recoñecemento a todos/as polo voso esforzo na elaboración dos carteis, resultounos difícil escoller un único gañador/a por aula 😍


4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e nenos de 4.º realizaron un concurso de carteis sobre o Día do Libro.




O gañador foi Jorge. Moitos parabéns!!! 👏👏 O meu recoñecemento a todos/as polo voso esforzo na elaboración dos carteis, resultounos difícil escoller un único gañador/a por aula 😍


5.º EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e nenos de 5.º realizaron un concurso de marcapáxinas sobre o Día do Libro.


O gañador foi Dani. Moitos parabéns!!! 👏👏O meu recoñecemento a todos/as polo voso esforzo na elaboración dos carteis, resultounos difícil escoller un único gañador/a por aula 😍


6.º A EDUCACIÓN PRIMARIA




As nenas e nenos de 6.ºA realizaron un concurso de marcapáxinas sobre o Día do Libro.

A gañadora foi Ángela. Moitos parabéns!!! 👏👏O meu recoñecemento a todos/as polo voso esforzo na elaboración dos carteis, resultounos difícil escoller un único gañador/a por aula 😍



6.º B EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e nenos de 6.ºB realizaron un concurso de marcapáxinas sobre o Día do Libro.


O gañador foi Esteban. Moitos parabéns!!! 👏👏O meu recoñecemento a todos/as polo voso esforzo na elaboración dos carteis, resultounos difícil escoller un único gañador/a por aula 😍


Agora déixovos unhas fotos da entrada do colexio, onde están expostos os marcapáxinas e carteis gañadores. Ademais, a profe de reli tamén quixo facer a súa aportación nesta conmemoración traballando nas clases os diferentes libros da Biblia e elaborando marcapáxinas cos máis pequenos.







Moitas grazas pola vosa participación e implicación raparigos e raparigas. Parabéns por todo o voso esforzo!! 👏👏