martes, 30 de marzo de 2021

REMATAMOS A SEMANA EMOCIONANTE

Esta semana, desenvolvemos a SEMANA EMOCIONANTE 😀😂😌😍😓😖😡😨😵 onde levamos a cabo numerosas actividades e xogos de educación emocional. Queredes ver como se implicaron os nosos nenos e nenas?


Un saúdo para todas e todos e boas vacacións. Coidádevos moito!!



RECITAL DE POEMAS DE XELA ARIAS

O pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía. É por isto que fixemos unha selección de poemas de Xela Arias para que cada aula recitase un. Queredes ver que ben o fixeron os nosos raparigos e raparigas? 😍😍


ALUMNADO 6.º B EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 6.º A EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 1.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ALUMNADO 6.º EDUCACIÓN INFANTIL

ALUMNADO 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

ALUMNADO 4.º EDUCACIÓN INFANTIL

Moitos parabéns a todos e a todas!! Moitas grazas por participar 👏👏

Un afectuoso saúdo,



luns, 29 de marzo de 2021

PASAMOS DE FASE NO ECOPREGUNTOIRO

Hoxe o xornal La Voz de Galicia tráenos unha boa nova. As nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria pasaron de fase no Ecopreguntoiro. Moitos parabéns!!!! 👏👏 Estou moi orgulloso de vós 😍😍



Velaquí tedes a ligazón ao xornal:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2021/03/29/span-langgladiante-equipo-do-colexio-carballo-span/0003_202103C29C4993.htm

Unha aperta,



venres, 19 de marzo de 2021

SEMANA EMOCIONANTE

Dende o luns 22 ao venres 26 de marzo desenvolveremos a SEMANA EMOCIONANTE. Igual que o fixemos noutra ocasión, cada día escanearedes un código QR e levaredes a cabo o reto proposto. Estades preparados/as para comezar? Imos aló!

Velaquí tedes o cartel cos diferentes códigos. Como veredes, xa vos enviei un impreso ás aulas.

CURTAMETRAXES SEMANA EMOCIONANTE

Apetécevos ver algunha curtametraxes sobre as emocións? Velaquí tedes algunhas moi interesantes 😊

La oveja esquilada


Cuestión de actitud


El valor de la empatía

DÍA 1 SEMANA EMOCIONANTE

Hoxe comezamos a semana emocionante!! Estades preparados e preparadas para o reto de hoxe? Vouvos explicar:

PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O voso reto é unha exposición de fotografías. Empregando pratos de cartón cortados á metade, debuxaredes neles diferentes expresións da boca: alegría, tristeza, enfado... Unha vez feitos, usarédelos para fotografar a vosa cara con eles diante. Vós unicamente debedes expresar esa emoción cos ollos.


PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O voso reto consiste en elaborar un dicionario de emocións onde consten as seguintes:

  • Alegría.
  • Medo.
  • Tristeza.
  • Enfado.
  • Calma.
  • Sorpresa.
  • Asco.

Como o ides facer? A parte gráfica corresponde ao alumnado de 4.º e 5.º de Eduación Infantil pois será o encargado de fotografarse expresando ditas emocións. Xunto ás fotografías, escribiredes a emoción correspondente, así como tamén a súa definición; por unha banda, o que significa para vós e, por outra, a que recolle o dicionario.

Cada curso realizará o seu propio dicionario para que, dende agora, forme parte da vosa biblioteca de aula.

Velaquí tedes as imaxes das emocións:

Moito ánimo coas propostas!! E lembrade, coma sempre, compartir o proceso e o resultado enviando fotos ao correo da biblioteca.



DÍA 4 SEMANA EMOCIONANTE

Benvidos e benvidas a un xoves emocionante!! Xa case está a rematar a semana así que as propostas de hoxe son moi divertidas.

REFLEXIÓN SOBRE VÍDEOS

A primeira proposta consiste en ver os seguintes vídeos e reflexionar sobre eles. Podedes axudarvos das seguintes preguntas:

  • Que lle acontece á persoa que vai na bicicleta?
  • Que pode estar sentindo?



Como vedes, no que sentimos moitas veces inflúen factores ambientais e externos a nós. Nun dos vídeos a música fainos pensar que a persoa que vai en bicicleta sinte medo e que lle vai acontecer algo malo. No outro, semella que lle vai ocorrer algo gracioso.


MEMORY

Imos xogar cun memory e, neste caso, van existir dous con diferentes graos de dificultade. Por unha banda, para o alumnado de Educación Infantil e 1.º de Educación Primaria, teredes que asociar pictogramas de cada emoción. Por outra, o resto de cursos de Educación Primaria, agruparedes as tarxetas que conteñen a emoción con aquelas que inclúen as súas definicións.

Estes días estiven a traballar moito para ter os memories preparados. Xa os tedes á vosa disposición nas aulas.


Un bico virtual,



DÍA 3 SEMANA EMOCIONANTE

Benvidas e benvidos un día máis ás propostas da Semana Emocionante. Como están resultando as propostas nas vosas aulas? Agardo que ben 😀 eu estoume fixando en que estades a esforzarvos moito nelas!!

A proposta de hoxe consiste en facer acrósticos. Como o ides facer? Escribide o voso nome nun folio e, con cada unha das letras, pensade unha palabra que faga referencia a unha característica que vos defina. Déixovos un exemplo que fixen co meu nome.


Agardo os vosos acrósticos rapazas e rapaces!! Moito ánimo coa proposta de hoxe 💪

DÍA 2 SEMANA EMOCIONANTE

Hoxe imos adiviñar emocións!! A continuación preséntovos un vídeo realizado polo alumnado de 6.º de Educación Infantil e 1.º de Educación Primaria. Debedes ollalo atentamente e adiviñar de que emoción se trata.

Estades preparados/as?? Pois, comezamos!!



Agardo que o pasásedes ben con esta proposta e que vos sirva para comprender mellor que sinten os demais.

Un saúdo emocionante,


DÍA 5 SEMANA EMOCIONANTE

Xa estamos a venres e chegamos á fin desta semana emocionante. Como as enerxías xa irán esgotadas, hoxe propóñovos un reto artístico. Imos pintar a música!!

O alumnado de Educación Primaria farédelo de forma individual e o alumnado de Educación Infantil en grupo. Estades preparados/as?? Collede pinceis, rotuladores, ceras... que imos comezar!!

Velaquí tedes a música que ides debuxar, son as Catro estacións de Vivaldi.


Agardo que gozásedes das propostas que desenvolvemos ao longo desta semana e lembrade que Daniel Goleman dicía que "canto máis abertos estamos aos nosos propios sentimentos, mellor podemos ler os dos demais"😀😂😌😍😓😤😳😱😵

Un saúdo e boas vacacións,


xoves, 18 de marzo de 2021

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

O próximo 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Para conmemoralo estamos a preparar uns poemas de Xela Arias. Sabedes quen é? Velaquí vos deixo algúns datos.


Ademais, na entrada do colexio temos unha exposición de libros de poesía.



Continuamos traballando sobre os poemas. Pronto gravaremos un vídeo recitando os escollidos.

Un saúdo,





martes, 16 de marzo de 2021

Novas do 8M

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e, como sabedes, esa mesma semana tamén se conmemoraba a Semana da Prensa. Con este motivo, as nenas e nenos de 5.º de Educación Primaria realizaron unha busca de novas relacionadas coa temática e quixeron compartilas con todos nós.






Moi bo traballo rapazas e rapaces!! 👏👏 Moitas grazas polas fotos.

Un saúdo,


sábado, 13 de marzo de 2021

AS MULLERES DA NOSA VIDA

O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. É por isto que todas as nenas e nenos do colexio creamos un precioso xardín de flores referido ás mulleres da nosa vida. E quen son? As nosas mamás, avoas, curmás, tías... 

Velaquí podedes ver este fermoso traballo 😍😍 Antes de que o vexades, vouvos contar un segredo, familias. Mentres o alumnado estaba a facer esta tarefa, eu estiven observándoos e, en moitos casos, foilles complicado escoller a unha soa muller pois sodes moitas especiais nas nosas vidas!!

Ademais estes días na entrada do colexio fixemos unha exposición de libros sobre a temática 📚

Un saúdo,



martes, 9 de marzo de 2021

A NOSA CURTAMETRAXE SAE NA TELE

Que ledo estou!!! A nosa curtametraxe titulada "Mariluz avestruz" coa que participamos na convocatoria "Nós tamén creamos!" vaise emitir hoxe, martes 9 de marzo de 2021, na TVG2 arredor das 19.00h. Agárdovos diante das pantallas para vela, eu non mo perdo!!

Estou moi orgulloso de vós, nenas e nenos 😍😍


Novamente, os meus parabéns!!

sábado, 6 de marzo de 2021

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ola amiguiños e amiguiñas, como xa sabedes este luns día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e, para esta data tan especial, achégovos unhas cantas propostas. Agardo que gocedes delas!!!

MULLERES ESPECIAIS DAS NOSAS VIDAS

A primeira proposta consiste en pensar que mulleres son moi importantes e especiais nas nosas vidas e por que. Para iso, deixeivos nas clases un modelo para que poidades escribir e debuxar algo sobre elas. Moito ánimo, agardo ansioso as vosas respostas!!

BUSCA DE NOVAS NO XORNAL

Ao longo destes días, aproveitando que a semana do 8 ao 12 se celebra a semana da prensa, buscade novas sobre a temática.

ANUNCIO DA TRANSFORMACIÓN DAS MULLERES NA ARTE

De seguro sodes coñecedores de que me apaixoa a arte e, por este motivo, achégovos este vídeo de Philip Scott Johnson no que se ve a transformación das mulleres na arte co paso do tempo. Espero que vos guste e que dialoguedes na clase sobre o seu contido!!


CANCIÓNS SOBRE A TEMÁTICA
A música, outra das miñas paixóns!! Que sería a vida sen música? Non o quero nin imaxinar...😖 Velaquí tedes diferentes cancións sobre a temática. Escoitádeas na clase e, ademais de cantalas, podedes reflexionar en conxunto sobre o que contan.

Sés - Non son fada


Guadi Galego - Matriarcas


Mari Trini - Yo no soy esa

ANUNCIO DE DETERXENTE
Por outra banda, déixeivos este vídeo que, de seguro, xa o vistes na televisión. É un anuncio de deterxente!! pero cun toque diferente, parece que, por fin, están cambiando a maneira de achegarnos a publicidade e agora xa inclúen a figura de homes e mulleres de forma cada vez máis igualitaria. A vos que vos parece? 

Agardo que gocedes moito das propostas e que sexades nenas e nenos críticos, que loitedes contra todo tipo de desigualdade e discriminación!! Construamos entre todos/as un mundo mellor 🌍


Un saúdo,





"Vivir e deixar que vivas", Sés