domingo, 27 de novembro de 2022

A ARTE DO GRAVADO DE PICASSO E BARCELÓ

Dende a aula de 4.º de Educación Primaria chéganos un vídeo resumo dunha visita que realizaron a fai uns días a unha exposición de arte 😍

sábado, 26 de novembro de 2022

A ORIXE DOS ALIMENTOS

Bo día a todos e a todas!! Dende a aula de 6.º de Educación Infantil chéganos un traballiño que estiveron a realizar sobre a orixe dos alimentos 🌱🍅🍎🍏🍐🍒🍓🍖🐟

Grazas pola vosa aportación 👏👏

luns, 21 de novembro de 2022

ALIMÉNTATE EN IGUALDADE

Bos días a todos e todas! 

Comezamos a semana da igualdade no noso centro! Deixei nas aulas catro retos a cumprir esta semana en relación co 25N- Día contra a violencia de xénero. Unha vez logrados os retos faremos a última actividade o venres!

Aceptades os retos? 



Agardo os vosos resultados! Saúdos!


xoves, 17 de novembro de 2022

UN SAMAÍN DE MEDO

 Booooooo 🎃👻 Este ano celebramos un Samaín de medoooo!!

💀Elaboramos cabazas coas nosas familias.

💀Participamos na iniciativa "Presume de Xardíns" do Concello de Carballo.

💀Elaboramos merendas baixo o lema "Terrorificamente saudable" en relación co noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos".

💀Escoitamos un conto de medo contado por dúas profes.

💀Participamos en xogos tradicionais con elementos do outono.

Velaquí tedes algúns vídeos:

Grazas polas vosas aportacións 👻



martes, 15 de novembro de 2022

EN INFANTIL ESTUDAN A PROCEDENCIA DO LEITE

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil, quere compartir con nós unha das súas aportacións ao proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". A partir da lectura do conto A noite das mudanzas, decidiron visitar unha granxa próxima ao colexio para dar co leite que non atopaba o granxeiro Leiro 🐄🐄

Grazas pola vosa aportación!! Vese que gozastes e aprendestes moito 😍



ANIVERSARIOS EN 4.º EP

Dende a aula de 4.º de Educación Primaria queren compartir con nós un vídeo dos aniversarios de Paula, Carla, Malak e Samara 🍰🎈Parabéns amiguiñas!!

venres, 11 de novembro de 2022

MENÚ LECTOR

Queredes saber cal era unha das propostas deste mes de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas? Cada aula escolleu un libro para recomendar aos demais nenos e nenas do centro.

"Menú lector" foi o título desta proposta, relacionándoo así co noso PDI titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos". Agardo que vos guste.


Aula 4.º Educación Infantil


Aula 5.º Educación Infantil


Aula 6.º Educación Infantil

Aula 2.º Educación Primaria 

Aula 6.º Educación Primaria 

Grazas a todos e a todas pola vosa participación e esforzo. Un saúdo,

xoves, 10 de novembro de 2022

PARÁCHESTE A PENSAR O QUE COMES DURANTE UNHA SEMANA?

Aquí a aportación do alumnado de 5.º Educación Primaria para o PDI "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este Samaín, enterraron nos seus ataúdes comida pouco saudable.



Que idea tan orixinal!! Grazas rapazas e rapaces 😍

mércores, 9 de novembro de 2022

E ti, canto azucre consumes?

 O alumnado de 6º curso de EP estivo este tempo estudando sobre a cantidade de azucre que teñen numerosos produtos que consumimos no día a día. Entre eles, fixeron unha selección das bebidas que máis inxerimos e calcularon os gramos de azucre que contiña cada unha delas. Chegaron a conclusión de que practicamente todas o contiñan e que o máis san é consumir auga!

Igualdade e ciencia!

Bos días a todos e todas! Comezamos este mes de novembro con dúas temáticas novas!

Para comezar podedes "alimentarvos de igualdade" onde atoparedes libros relacionados coa igualdade.

Por outra banda temos a sección de "conCIÉNCIAte" para conmemorar o mes da ciencia en galego.