martes, 27 de decembro de 2022

Recomendacións de nadal

 Boas rapaces e rapazas!

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal! 

Esperamos que pasedes unhas boas vacacións e... vémonos á volta!

Relatos de nadal

 Boas rapaces e rapazas! 

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun concurso literario sobre contos e relatos de nadal. O xurado tivo moitas dificultades para poder elixir aos tres gañadores deste concurso... Noraboa a todos e todas por este excelente traballo! 


Facemos pizza caseira!

Boas rapaces e rapazas! 

O alumnado de 6º curso toma moi en serio o lema "Cóidome!" do noso PDI deste curso. Aproveitando que están de "visita" por Italia decidiron facer unha riquísima pizza caseira! 

Botádelle un ollo a boa pinta que tiñan!

luns, 26 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego. Dende as aulas, as nenas e nenos comparten con todos nós pequenas mostras de como traballan aspectos científicos.

AULA 4.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Grazas rapazada 💚

SAÍDA Á PANADARÍA PAN IGNACIO

Dende Educación Infantil chéganos un novo vídeo!! A comezos deste mes realizaron unha saída á Panadaría Pan Ignacio para participar nun obradoiro de elaboración de pan e pizza. Ollade este vídeo para ver que ben o pasaron  e canto aprenderon sobre os ingredientes usados, a súa orixe...😍

mércores, 21 de decembro de 2022

EN 6.º EI FAN COHETES SAUDABLES

Boa tarde a todos e a todas. Hoxe temos unha nova aportación para o PDI titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" da man do alumnado de 6.º de Educación Infantil. Moitas grazas!! 👏👏

Este trimestre estiveron a facer un proxecto sobre o universo titulado "Somos espaciais", ao longo do cal lles fun propoñendo diferentes misións. O último reto que deixei nas súas mans foi a elaboración de COHETES SAUDABLES. Ollade que boa pinta 😍😀

martes, 20 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Boas nenos e nenas! Como sabedes, o 3 de decembro foi o día internacional das persoas con discapacidade e no centro decidimos facer numerosas actividades para a súa conmemoración!

Comezamos cunha charla da man dos deportistas Iván  e Mila, uns verdadeiros campións!


A continuación fixemos catro recunchos ou estacións onde o alumnado puido realizar diferentes actividades relacionadas coa discapacidade. No primeiro o alumnado asistiu ao contacontos "Diferentes diferenzas", onde se reflexionou sobre as calidades individuais. No segundo recuncho visionamos tres curtas e, ademais, o alumnado puido gozar duns vasiños de froitas de tempada. O terceiro tivo lugar no ximnasio e os nenos/as participaron en xogos e practicaron deportes cos ollos tapados, agarrados a outro compañeiro/a... En último lugar, no cuarto recuncho, tomando como referencia a Milagros Cotelo, a rapazada fixo as súas creacións artísticas empregando soamente un pincel a súa boca! 
Mirade aquí un resumo de todas as actividades! Fantástico! 




domingo, 18 de decembro de 2022

A ORIXE DOS ALIMENTOS EN 4.º EI

Bo domingo a todos e a todas! A cativada semella seguir traballando moito sobre o noso proxecto anual titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos". Desta volta, as nenas e nenos de 3 aniños queren amosarnos o seu traballo sobre a orixe dos alimentos 😀

martes, 13 de decembro de 2022

Aceptas o reto?

Bos días a todos e todas!

Aquí vos deixamos o excelente traballo que todos/as realizáchedes durante esta semana para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero 💜 Quedou claro que non hai ningún reto que se vos resista!

Aula 4.º Educación Infantil


Aula 5º. Educación Infantil

Aula 6º. Educación Infantil


Aula 2º. Educación Primaria

Aula 4º. Educación Primaria

Aula 5º. Educación Primaria


Aula 6º. Educación Primaria

Excelente traballo!





domingo, 27 de novembro de 2022

A ARTE DO GRAVADO DE PICASSO E BARCELÓ

Dende a aula de 4.º de Educación Primaria chéganos un vídeo resumo dunha visita que realizaron a fai uns días a unha exposición de arte 😍

sábado, 26 de novembro de 2022

A ORIXE DOS ALIMENTOS

Bo día a todos e a todas!! Dende a aula de 6.º de Educación Infantil chéganos un traballiño que estiveron a realizar sobre a orixe dos alimentos 🌱🍅🍎🍏🍐🍒🍓🍖🐟

Grazas pola vosa aportación 👏👏

luns, 21 de novembro de 2022

ALIMÉNTATE EN IGUALDADE

Bos días a todos e todas! 

Comezamos a semana da igualdade no noso centro! Deixei nas aulas catro retos a cumprir esta semana en relación co 25N- Día contra a violencia de xénero. Unha vez logrados os retos faremos a última actividade o venres!

Aceptades os retos? 



Agardo os vosos resultados! Saúdos!


xoves, 17 de novembro de 2022

UN SAMAÍN DE MEDO

 Booooooo 🎃👻 Este ano celebramos un Samaín de medoooo!!

💀Elaboramos cabazas coas nosas familias.

💀Participamos na iniciativa "Presume de Xardíns" do Concello de Carballo.

💀Elaboramos merendas baixo o lema "Terrorificamente saudable" en relación co noso proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos".

💀Escoitamos un conto de medo contado por dúas profes.

💀Participamos en xogos tradicionais con elementos do outono.

Velaquí tedes algúns vídeos:

Grazas polas vosas aportacións 👻



martes, 15 de novembro de 2022

EN INFANTIL ESTUDAN A PROCEDENCIA DO LEITE

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil, quere compartir con nós unha das súas aportacións ao proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". A partir da lectura do conto A noite das mudanzas, decidiron visitar unha granxa próxima ao colexio para dar co leite que non atopaba o granxeiro Leiro 🐄🐄

Grazas pola vosa aportación!! Vese que gozastes e aprendestes moito 😍



ANIVERSARIOS EN 4.º EP

Dende a aula de 4.º de Educación Primaria queren compartir con nós un vídeo dos aniversarios de Paula, Carla, Malak e Samara 🍰🎈Parabéns amiguiñas!!

venres, 11 de novembro de 2022

MENÚ LECTOR

Queredes saber cal era unha das propostas deste mes de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas? Cada aula escolleu un libro para recomendar aos demais nenos e nenas do centro.

"Menú lector" foi o título desta proposta, relacionándoo así co noso PDI titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos". Agardo que vos guste.


Aula 4.º Educación Infantil


Aula 5.º Educación Infantil


Aula 6.º Educación Infantil

Aula 2.º Educación Primaria 

Aula 6.º Educación Primaria 

Grazas a todos e a todas pola vosa participación e esforzo. Un saúdo,

xoves, 10 de novembro de 2022

PARÁCHESTE A PENSAR O QUE COMES DURANTE UNHA SEMANA?

Aquí a aportación do alumnado de 5.º Educación Primaria para o PDI "Cóidome, cóidote, coidámonos". Este Samaín, enterraron nos seus ataúdes comida pouco saudable.



Que idea tan orixinal!! Grazas rapazas e rapaces 😍

mércores, 9 de novembro de 2022

E ti, canto azucre consumes?

 O alumnado de 6º curso de EP estivo este tempo estudando sobre a cantidade de azucre que teñen numerosos produtos que consumimos no día a día. Entre eles, fixeron unha selección das bebidas que máis inxerimos e calcularon os gramos de azucre que contiña cada unha delas. Chegaron a conclusión de que practicamente todas o contiñan e que o máis san é consumir auga!

Igualdade e ciencia!

Bos días a todos e todas! Comezamos este mes de novembro con dúas temáticas novas!

Para comezar podedes "alimentarvos de igualdade" onde atoparedes libros relacionados coa igualdade.

Por outra banda temos a sección de "conCIÉNCIAte" para conmemorar o mes da ciencia en galego. 




venres, 28 de outubro de 2022

Teatro Lido

 Boas a todos e todas! 

Estamos de noraboa xa que o alumnado de 6º EP foi seleccionado para ir gravar a Radio Voz a obra de teatro coa que se presentaron ao concurso do Teatro Lido. Foi unha experiencia moi agradable e inesquecible!


Cómic

 Esta pasado mércores os nenos/as de 6º de EP tiveron a oportunidade de aprender co grande Brais Fierro Fuentes, un recoñecido ilustrador. 

Nestas sesións explicounos como facer un cómic eh... puxémonos mans á obra! 


sábado, 22 de outubro de 2022

4.º EP VAI DE PÍCNIC

Queredes ver como está a traballar o alumnado de 4.º de Educación Primaria o CÓIDOME? Botádelle un ollo a este fantástico vídeo que nos envían. Moitas grazas!! 👏👏


Que envexa de pícnic!! 😍😍

ENSALADA CON TOMATES CHERRY DO NOSO HORTO

Ao comezo do curso, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil visitaron o horto para ver como estaba despois do verán. Cal foi a súa sorpresa que tiñan tomates cherry, cenorias, un pemento de Padrón e unhas pequenas coliflores.

En vista diso, decidiron aproveitar para facer unha ensalada xunto coa alumnado de 6.º de Educación Infantil. Que saborosa!!!

ARTE CON FROITOS DE OUTONO E DEGUSTACIÓN

Hoxe recibín unha aportación das nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil ao PDI "Cóidome, cóidote, coidámonos". Comezaron facendo ARTE CON FROITOS DE OUTONO e DEGUSTANDO algúns deles: pera, mazá, granada e uvas 🍐🍎🍇 😍



Grazas pola vosa aportación, rapazas e rapaces!!

xoves, 20 de outubro de 2022

FIOT

 Bos días a todos e todas!

6º curso de EP vén de participar na proposta "XXI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé " promovido polo concello de Carballo e asociación cultural Telón e Aparte. Nesta ocasión decidiron adaptar a obra "Rosiña" do autor Xesús San Luís Romero que dá nome ao noso centro. Moita sorte rapaaces e rapazas! 

Un saúdo 



mércores, 19 de outubro de 2022

Comezan os recreos na biblioteca!


Hoxe por primeira vez non puidemos saír co "Bibliopatio" debido ao mal tempo. Pero... ¿quen dixo que iso fose un impedimento para a lectura e diversión? 
Abrimos a biblioteca durante o recreo cunha gran acollida! Noraboa a eses colaboradores/as que non pararon nin un minuto!



Que saboroso!

 Os nenos e nenas de 2º curso de primaria comezaron o proxecto "Cóidome, cóidote, coidámonos". Non elixiron mellor forma que... PREPARANDO E PAPANDO UNS PINCHOS DE FROITA! Non eran uns pinchos calquera xa que deseñaron un animal... ¿queredes saber cal? Ollo ao vídeo! 

Bo traballo nenas e nenos! 



venres, 7 de outubro de 2022

BIBLIOPATIO

 Arrancamos este curso con "Bibliopatio" unha iniciativa que pretende achegar a biblioteca aos nenos e nenas durante os recreos! Estamos tendo un grande éxito, sobre todo entre os máis pequenos! 




Formación de usuarios e usuarias

 Esta semana comezamos coa formación de usuarios/as aos nenos/as colaboradores de 5º e 6º de educación primaria xa que nos axudarán nas tarefas de biblioteca. 








Unha nova benvida!

 Bos días a todos e todas! 

Comezamos un novo curso cheo de ilusións con moitos proxectos e actividades para  realizar! 

Tal e como vos enviei ás aulas, aquí vos deixo a carta de benvida!



martes, 21 de xuño de 2022

Recomendacións lectoras para o verán

Boas lectores e lectoras! 😊 

Agora que estamos a piques de rematar este curso preparamos un tríptico con recomendacións lectoras, onde incluímos diferentes materiais que adquirimos este ano para a Bibliosanluís e que teñen éxito entre vós. 

Boas vacacións!

 


Vémonos en setembro!


luns, 20 de xuño de 2022

REVISTA "A VOZ DO SAN LUÍS"

Velaquí vos deixo un ano máis, a revista A Voz do San Luís que, como xa vos comentamos o ano pasado, agora só se editará en formato dixital.

Boas vacacións a todos e a todas 🌞



xoves, 19 de maio de 2022

AS LETRAS GALEGAS EN EI

Aquí vai a aportación dos máis pequechos/as do colexio para estas Letras Galegas. Traballaron sobre o poema "Cantar dos topónimos" de Florencio Delgado Gurriarán e fixeron a súa propia interpretación.

Foi o seu primeiro achegamento á técnica do croma e, aínda que hai que pulir algúns pequenos erros, o resultado foi ben bonito 😍 para a próxima máis e mellor!!

Grazas sempre polas vosas aportacións. Magnífico traballo 💕

Un bico ben forte,



AS LETRAS GALEGAS EN 3.ºEP

Bo día a todos e a todas!! As nenas e nenos de 3.º de Educación Primaria queren compartir con nós o seu traballo sobre Florencio Delgado Gurriarán. Realizaron unha actividade co escornabot para traballar sobre os carteis da vida e obra do autor, prepararon o nome de Florencio usando a placa micro:Bit, elaboraron un rosco de Pasapalabra... Canto traballo e que marabilla!!! 😍


Grazas por todo rapaces e rapazas. Moitos parabéns!! 👏😀



Work hard and roll a dice!

Velaquí unha actividade de robótica feita na aula de 2.º de Educación Primaria coa teacher Raquel. Fixeron un dado coa placa micro:Bit e facendo uso del, os fast finishers escollían a actividade que desexaban realizar:

Graciñas pola vosa aportación rapaces, rapazas e mestra. Unha aperta,



xoves, 12 de maio de 2022

SYMBALOO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Aquí vos deixo un Symbaloo cheiño de recursos que preparamos para que poidas aprender moito sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Fíxate en que hai un código de cores que indica:

  • Material didáctico gañador do Concurso de carteis e guía das Letras Galegas. Parabéns compañeiros/as!!
  • Vídeos de Youtube sobre Florencio Delgado Gurriarán.
  • Capítulos "Polos vieiros de Florencio".
  • Capítulos "O soño da Galicia infinda".
  • Xogos atopados na rede e elaborados por outros centros de Galicia.
  • Páxinas web oficiais: Consello da Cultura Galega, RAG, Portal da Lingua...
  • Poemas musicados.
  • Xogos elaborados no noso centro para traballar sobre a vida e obra de don Florencio.


Aprendede moito,



martes, 10 de maio de 2022

2 MAIO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio, celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Nesta ocasión, fixemos unha actividade de robótica empregando a placa micro:Bit. O alumnado programouna para que aparecese nela unha cara triste e unha contenta e, en función diso, dicían unha acción correcta e outra incorrecta no trato cos demais.


AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA


AULA 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA


AULA 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA





Coma sempre, grazas pola vosa participación 💕



luns, 9 de maio de 2022

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Bo día nenas e nenos, lectoras e lectores!! O 23 de abril foi un día especial para todos/as nós pois celébrase o DÍA DO LIBRO.

Que vos pareceron as actividades que vos propuxen? Coido que vos gustaron, pois estivestes moi interesados en todo momento 😍

Velaquí queda unha pequena mostra do feito para celebrar esta data 😀


📚4.º EDUCACIÓN INFANTIL

📚5.º EDUCACIÓN INFANTIL

📚6.º EDUCACIÓN INFANTIL

📚1.º EDUCACIÓN PRIMARIA



📚2.º EDUCACIÓN PRIMARIA 

📚3.º EDUCACIÓN PRIMARIA 

📚5.º EDUCACIÓN PRIMARIA 

Os nenos/as de quinto curso fixemos un breve resume dos libros que máis nos gustaron! Podedes consultalos nos seguintes enlaces!

Diario de Greg

Queres coñecerme?

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes

Mortiña

Curuxa, a voz de Azazel

Yokai

Un abrazo ben forte e grazas por participar,



domingo, 8 de maio de 2022

FAI MEMORIA CON FLORENCIO

 Velaquí tedes un memory!! Dádelle a volta ás cartas e buscade o texto coa imaxe correspondente.

SOPA DE LETRAS FLORENCIO

Atréveste a buscar oito palabras significativas na vida de Florencio Delgado Gurriarán? Anímate con esta sopa de letras.

Se queres xogar dende un móbil ou tablet, unha vez atopes a palabra debes pinchar na primeira e na última letra para que a recoñeza o xogo.

ROSCO PASAPALABRA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Como sabedes, estas Letras Galegas 2022 están dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Velaquí vos deixamos un Rosco de Pasapalabra para que poidades aprender un pouco máis del.

venres, 6 de maio de 2022

Recomendación "Diario de Greg"

 Sofía recoméndanos o libro "O diaro de Greg. Un chaíñas total"




Recomendación: "Queres coñecerme?"

 Sheila tráenos a historia de Dani! 



Recomendación: "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes"

 Claudia cóntanos de que vai un dos seus libros preferidos. 



Recomendación: "Mortiña"

 Gisela recoméndanos o libro "Mortiña, un amigo pantasma"



Recomendación: "Curuxa, a voz de azazel"

 Lola recoméndanos este fantásico cómic! 



Recomendación "Yokai"

 Mateo recoméndanos o seu libro preferido! 



mércores, 4 de maio de 2022

INTRODUCIÓN DO TEMA DA ROUPA EN INGLÉS CO BEEBOT

Na aula de 1.º de Educación Primaria, a teacher Raquel introduciu o tema "Clothes" empregando o BeeBot como elemento motivador. Indicábaselle a que personaxe deberían ir e, unha vez acadado o obxectivo, analizaban a roupa que levaban posta e facíase repaso das cores.

domingo, 1 de maio de 2022

ROBÓTICA EN 1.º EP

As nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria queren compartir a súa experiencia co BeeBot. Queredes ver que ben o manexan? Mirade mirade 👀


Moitas grazas por compartir este vídeo con nós.

Un bicazo,



luns, 18 de abril de 2022

FIN DA 5ª ETAPA

Boas nenos e nenas! Os  vosos compañeiros/as de 5º curso remataron xa a quinta etapa do camiño dos faros! Imos ver que aprenderon durante este tempo! 

Comezaron buscando e indagando sobre a vila de Camariñas: o faro de Cabo Vilán, o museo de Man, o foxo dos lobos e o cemiterio dos ingleses


Tamén visitron todos os lugares que estudaron na clase! 


Por último recolleron as conclusións de todo o que aprenderon!


Moitos parabéns polo gran traballo realizado!






21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA

Bo día!! Hoxe queremos compartir con vós o realizado a semana do 21 ao 27 de marzo polo Día da Poesía e o Día da Árbore. Fágovos un pequeno resumo das actividades propostas:

  • Actividades de robótica para identificar poetas/poetisas, escaneado de códigos QR, escoita de poemas e recital de poemas por parte das nenas e nenos de Educación Primaria.
  • Lectura/escoita de poemas colgados nas árbores dos arredores do colexio, actividade feita en colaboración co Concello de Carballo #DíaDaPoesíaNaÁrbore e extensible a todo aquel que quixese participar.

Agora deixámosvos algúns vídeos e fotos destas propostas 😍

🎶5.º EDUCACIÓN INFANTIL


🎶6.º EDUCACIÓN INFANTIL


🎶1.º EDUCACIÓN PRIMARIA





🎶2.º EDUCACIÓN PRIMARIA



🎶5.º EDUCACIÓN PRIMARIA


Moitas grazas pola vosa participación,