sábado, 26 de febreiro de 2022

II Carreira saudable

Este mércores 23, celebramos a II Carreira do corazón baixo o lema "Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns"💙💚💛💜💖 Como sabedes, a súa primeira edición coincidiu coa semana dos namorados, buscando traballar a temática dende unha triple perspectiva: o coidado do corazóna nivel emocional, do exercicio físico e a alimentación saudable. Por mor da pandemia, o pasado curso non puidemos celebrala e, este ano aínda que non o fixemos da forma que nos gustaría, si puidemos facer a carreira 😁

venres, 11 de febreiro de 2022

Fin da 3ª etapa

 Os nenos e nenas de terceiro curso remataron a terceira etapa do camiño dos faros. Neste caso aprenderon moito sobre un home misterioso... ¿queredes saber quen? Atentos/as!

Primeiro buscaron, recolleron e analizaron información! 

Con todo este traballaron lograron cumprir a misión que Traski lles encomendara. 

mércores, 2 de febreiro de 2022

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Boas amigos e amigas! O luns 31 celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Para isto os nenos/as realizaron diversas actividades. Traballaron moitísimo! 


Educación infantil, 1.º e 2.º de educación primaria 


3.º de educación primaria

4.º de educación primaria


5.º de educación primaria

6.º de educación primaria 

UN AGASALLO PARA A ASOCIACIÓN GALICLOWN

O alumnado de Educación Infantil segue inmerso no seu proxecto anual titulado "Baixo a mesma carpa de crochet". Desta vez, relacionado coa temática do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, puxéronse en contacto coa asociación Galiclown, a quen quixeron facerlle uns agasallos para agradecerlle a súa gran labor 💕💖

Aula 6.º Educación Infantil

Aula 5.º Educación Infantil

Que boa iniciativa!! Canto entusiasmo se percibe detrás das vosas elaboracións 😍

Unha aperta virtual para todos e todas,