domingo, 29 de abril de 2018

CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS E GUÍA DIDÁCTICA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de María Victoria Moreno entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario fixo un concurso entre os centros de Educación Infantil e Primaria.
Como xa sabedes, o noso centro foi o gañador deste ano.
Por fin podemos poñer á vosa disposición a colección de carteis. Esta exposición titulámola:
" VICTORIAMORENO, MESTRA CON ALMA", e fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra da autora a quen lle renderemos homenaxe o próximo 17 de maio.
Se premes na imaxe poderás ver os carteis:


Tamén podes descargar a GUÍA, un MARCAPÁXINAS  e unha REGRA

E premendo AQUÍ  poderas ver  máis recursos sobre a autora como os carteis de Secundaria, ou traballos e actividades realizadas por outros colexios.

luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Esta semana celebraremos o Día do Libro agasallándonos uns a outros con fermosas lectura no recreo e na hora de ler. Escollemos os nosos libros favoritos e compartímolos cos demais.

domingo, 22 de abril de 2018

Salón do Libro

Coma todos os anos , na última semana de Abril, estamos invitados a participar no Salón do Libro e a Lectura  no Pazo da Cultura.
Este ano leva por título MULLERES DE CONTO.
Iremos polas mañás a facer algunha actividade, e a visitar tanto a exposición de libros como a de traballos que enviaron todos os colexios.
Nós tamén enviamos uns traballos preciosos, o mellor foi o proceso de realizalos, pero agora queremos que tamén as familias gocen dos mesmos.
Polas tardes, a partir das 6 hai diferentes actividades para o alumnado que o desexe: maxia, contacontos, teatro... e tamén se pode visitar a exposición. Aquí tedes o programa, vémonos por alí.