martes, 31 de marzo de 2020

DIANA DI #EUQUEDONACASA

Diana, a nosa compañeira de 6.º de Educación Primaria, di #EUQUEDONACASA. Envíanos este debuxo tan fermoso dende a súa casa. Moitas grazas Diana!! Es unha artista 🌝

Animámosvos aos demais a mandar fotos dos diferentes retos que se están propoñendo!!

Saúde e moito sentidiño!! Quedade na casa, coidade de vós e dos vosos.

ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6.º de Educación Primaria correspondentes á semana do 30 de marzo ao 3 de abril. Moito ánimo!!

COMA ESTRELAS

Bo día!! Que tal vai o segundo día desta semana?? Hoxe veño propoñervos un experimento. Levamos uns días de moi bo tempo e, como as noites estaban tan agradables, antes de deitarme adiquei cinco minutiños a ollar pola ventá as estrelas. Aaaai... como me gusta a min observalas!! Foi aí cando lembrei que, fai moito tempo, alguén me ensinou o experimento que vos vou contar a continuación.

Primeiro, debedes dobrar 5 escarvadentes de madeira pola metade poñéndolle forma de “V” sen rompelos. Colocádeos nun prato como se ve no debuxo e engadide unhas gotas de auga no centro.

Observade o que acontece a medida que os escarvadentes absorben a auga.

Que observastes? Por que acontecería iso? Compartídeo connosco nos comentarios!!
Vouvos explicar o que acontece: os escarvadentes compóñense de fibras de madeira. A medida que absorben a auga, expándense e “abren os brazos” ata que chocan cos que teñen ao seu carón. Así, fórmase unha estrela perfecta. Que vos parece??

Agora convídovos a ollar as estrelas pola noite, veredes que sensación tan relaxante.
Un biquiño,
Fidalgo.

luns, 30 de marzo de 2020

TAREFAS DE INGLÉS PARA PRIMARIA

O profe César envíanos as seguintes tarefas de inglés para o alumnado de Educación Primaria.

6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Comezamos a Unit 4. Debedes:

A) Sacar o vocabulario da unidade a unha folla aparte (podedes buscar o significado das palabras que non saibades co traductor de google) como facemos na clase.

B) Facer do .pdf  ´Reinforcement and extension´, que xa está colgado no blog, as páxinas 10 e 11.

C) Visitar www.google.es e revisar dúas das páxinas de xogos en inglés que facemos na aula de informática: ´english 4 kids´ e ´games to learn english´.

5.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

4.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Comezamos a Unit 4. Debedes:

A) Sacar o vocabulario da unidade a unha folla aparte (podedes buscar o significado das palabras que non saibades co traductor de google) como facemos na clase.

B) Facer do .pdf  ´Extra vocabulary´, que xa está colgado no blog, a páxina 4.

C) Visitar www.google.es e revisar dúas das páxinas de xogos en inglés que facemos na aula de informática: ´english 4 kids´ e ´games to learn english´.

3.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Comezamos a Unit 4. Debedes:

A) Sacar o vocabulario da unidade a unha folla aparte (podedes buscar o significado das palabras que non saibades co traductor de google) como facemos na clase.

B) Facer do .pdf  ´Extra vocabulary´, que xa está colgado no blog, a páxina 4.

C) (Optativo) Visitar www.google.es e probar dúas das páxinas de xogos en inglés que facemos na aula de informática cos alumnos de 4º, 5º e 6º: ´english 4 kids´ e ´games to learn english´. Podedes pedir aos vosos irmáns ou compañeiros maiores que vos comenten os xogos que eles xa coñecen para ver se vos gustan.

2.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Comezamos a Unit 4. Debedes:

A) Sacar o vocabulario da unidade a unha folla aparte (podedes buscar o significado das palabras que non saibades, coa axuda dos vosos pais, co traductor de google).

1.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O MONSTRO DE CORES

Bo día amiguiños e amiguiñas!! Hoxe tráiovos unha recomendación moi especial dun libro que ten moito éxito na nosa biblioteca: O monstro de cores. Como sabedes, trata sobre diferentes emocións, así que anímovos a que vexades este vídeo e escoitedes a súa lectura: https://www.youtube.com/watch?v=__NmMOkND8g
EL MONSTRUO DE COLORES (POP-UP) | ANNA LLENAS | Comprar libro ...
Imaxe extraída de https://www.casadellibro.com/libro-el-monstruo-de-colores-pop-up/9788494157820/2378628
E agora dicídeme, que emoción sentides neste momento?? Podedes compartilo connosco nos comentarios.

Deixámosvos tamén unha adaptación que se fixo do conto en relación ao coronavirus. A ver que vos parece.

Un saudiño,
Fidalgo.

domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN PARA PRIMARIA

A profe Alicia envíanos as actividades de relixión para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril. A continuación sinálanse os cursos:

1.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Descargar

2.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Descargar

3.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Descargar

4.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Descargar

5.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Descargar

6.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Descargar

venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do TeatroO teatro é unha arte escénica na que se poñen en escena un grupo de comediantes e artistas fronte a un amplo público.

Sabedes cando foi a primeira vez que se celebrou este día?? Aló polo ano 1962.

Hoxe será unha celebración un tanto especial deste día polo que o  Cirque du Soleil quere aportar o seu gran de area para facer máis entretido o confinamento. Dado que non é posible ver en vivo algunhas das súas representacións, creouse unha plataforma dixital na que se estreará un especial de 60 minutos que reúne algúns dos momentos máis especiais de tres dos seus espectáculos.

Cando temos cita co Cirque du Soleil? Hoxe, venres 27 de marzo ás 20.00h na seguinte ligazón: cirquedusoleil.com/cirqueconnect

Un saúdo,
Fidalgo.

DEBERES DE INGLÉS PARA A FIN DE SEMANA

Bo día nenas e nenos de Educación Primaria. O profe César, envíavos as seguintes tarefas de inglés para a fin de semana.

6.º EP
Rematamos o repaso das unidades 2 e 3 facendo o seguinte: páxinas 6 a 9 e mais 20 a 22.

5.º EP
Rematamos o repaso das unidades 2 e 3 facendo o seguinte: páxinas 6 a 9 e mais 19 a 21.

4.º EP
Rematamos o repaso das unidades 2 e 3 facendo o seguinte: do "Reinforcement and extension" páxinas 6 a 9 (do "Extra vocabulary", nada).

3.º EP
Rematamos o repaso das unidades 2 e 3 facendo o seguinte: do "Reinforcement and extension" páxinas 5 a 9 (do "Extra vocabulary", nada).

1.º e 2.º EP
Rematamos o repaso das unidades 2 e 3 facendo o seguinte: do "Reinforcement and extension" páxinas 6 a 10 (do "Extra vocabulary", nada).

Ánimo, nenes!

PIPER

Ola nenas e nenos, como estades?? Hoxe veño recomendarvos unha curtametraxe titulada "Piper" que trata sobre unha emoción. Para vela, accedede á seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=tTjHEyEAlsc

‘Piper’, el enternecedor corto de Pixar que se alza con el Oscar

Gustouvos?? Agora intentade responder ás seguintes preguntas:
  • Sobre que emoción trata?
  • É unha emoción negativa ou positiva?
  • Que situacións che producen esa emoción?
  • Como fas para superala?

Agora confesareivos que eu sinto iso, medo, algunhas veces, por exemplo, estes días coa situación que nos está tocando vivir. Agora mesmo, ese medo é un pouco máis lixeiro pois confío na labor de todo o persoal que nos está a axudar a saír disto, así como na xente que está a facer o que nos pediron: quedar na casa.

Un bico e boa fin de semana,
Fidalgo.

xoves, 26 de marzo de 2020

QUÉ BONITO ES QUERER...

Ola amiguiños e amiguiñas? Que tal vos vai?? A min ben, aquí pola miña casa, entretido pensando actividades para vós e levándoas a cabo.

Hoxe é un xoves poético. Son consciente de que vos debía presentar un poema pero, ás veces, os/as cantautores/as crean cancións que rozan a poesía; a min a titulada “Qué bonito es querer” de Manuel Carrasco, paréceme unha delas. Ademais, nestes momentos tan difíciles esta canción recórdanos o valor que ten a amizade e o amor.

Deixámosvos unha ligazón para que poidades escoitala: https://www.youtube.com/watch?v=jqDEKHwpOJ0 Alguén se anima a bailala? Veña, que o movemento é bo para o corpo.

Tamén podedes ler a letra da canción como se se tratase dun poema. Lembraredes que isto xa o fixemos máis veces na escola. Velaquí tedes a letra:

QUÉ BONITO ES QUERER...

Tiene un cañón de alegría disparando en los ojos
Y todo aquel que la mire se llena de amor
Es el ángel de la guarda para los demonios
Le juro que no le exagero, todo es corazón.

Tiene la vida más vida si la tienes cerca
Es el paraguas, no te baila el agua sin más
Tiene la risa que alivia todos los problemas
Es esa palabra que escucha cada suspirar.

Es una vela encendida porque si hay un día en la oscuridad
Vierte un ratito en la herida, por eso es mi amiga para bien y mal.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Es la orillita del agua vencida que rompe
Cuando se pone valiente no sabe frenar
No tiene miedo a la gente, lucha en el desorden
Que la justicia gana ya por la libertad.

Es una vela encendida porque si hay un día en la oscuridad
Vierte un ratito en la herida, por eso es mi amiga para bien y mal.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Ella no supo qué hacer cuando la derrotaron
Ella aprendió de las lágrimas, harta de llorar
Por ello tiene ese brillo y el grito de un faro
Es el paso pal caminito perdido encontrar.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar

Afortunado yo por tener tu amistad.

Agora podedes traducila ao galego, veredes que ben queda!!!

No videoclip vese que o neno e  a nena se comunican por un teléfono moi curioso, seguro os vosos papás e mamás tiveron un igualiño algunha vez, queredes intentar facer un? É moi sinxelo, mirade!!

NECESITADES: dous vasos de plástico (poden ser de iogur) e un cordón longo.

PASOS:
1. Fai un burato no fondo dos dous vasos de plástico cun lapis afiado ou algo punzante.

2. Corta un cordón moi longo e pasa un extremo polo burato dun dos vasos. Fai un nó no cordón dentro do vaso.

3. Fai o mesmo co extremo oposto do cordón e o outro vaso. Dalle un dos vasos a un amigo/a ou alguén da familia e dille que o poña na orella. Sal do cuarto co outro vaso e fala dentro del. Que pasará?

Un  pequeno truco: para unha mellor comunicación tensa o cordón sen que toque nada.
Imaxe extraída de internet.
Un bico,
Fidalgo.

mércores, 25 de marzo de 2020

UN QUEBRACABEZAS

Bo día!! Que tal vai este mércores tan solleiro? Hoxe ímosvos propoñer facer un quebracabezas caseiro.

Que materiais precisades?
  • Imaxes grandes de revistas ou xornais.
  • Tesoiras.
  • Pegamento.
  • Cartolina ou cartón

Como o imos facer?
Mirade en familia revistas que teñades pola casa e elixide a foto que queredes converter en quebracabezas. Pegádea nunha cartolina ou cartón fino e agardade a que seque. Unha vez que estea seco, recortarédelo en diferentes pezas que formarán o quebracabezas. Para os máis pequenos empezaredes con 4 ou 5 pezas e os maiores poderedes aumentar a dificultade.

Resultado de imaxes para: puzle casero carton
Imaxe extraída de internet
Gardade os distintos quebracabezas en bolsas transparentes e metédeas dentro dunha caixa de zapatos. Á volta podedes compartilas cos vosos compañeiros e compañeiras ou traelas para a biblioteca. Que tal se facemos unha colección deles para poder empregar nos recreos?

Un saúdo,

Fidalgo.

martes, 24 de marzo de 2020

O MESMO TON?

Hoxe ímosvos propoñer unha actividade titulada “O mesmo ton?” extraída do libro Aprende super experimentos.

MATERIAIS:
  • Varias botellas de cristal parecidas.
  • Auga. Se queredes engadirlle colorante alimentario podedes, quedará máis vistoso, pero non é importante para o experimento.
  • Papel e lapis.
  • Un pau ou regra.

PASOS A SEGUIR:
1. Enche as botellas de auga ata diferentes niveis. Alinea as botellas por orde, de máis auga a menos.

2. Comproba o ton que producen golpeando cada botella (con coidado! Non as vaiades romper) cun pau. Intenta golpear sempre no mesmo sitio. Que ocorre? Soan todas igual?

3. Usa esas mesas botellas. Agora sopra pola boca das botellas de unha en unha, verás que todas soan distinto.

Agora ímosvos explicar que aconteceu. O son prodúcese creando vibracións nun material. Neste caso, canta máis auga hai na botella máis grave é o ton e canta menos auga hai, máis agudo é o ton. E no caso do aire pasa o contrario: canto maior é o volume de aire máis grave será o son e canto menor é o volume do aire máis agudo.

Seguro que vos resulta sinxelo de entender porque xa o aprenderiades coa profe de música que… por certo!! Ten un blog moi chulo que podedes visitar. Deixámosvos a ligazón: https://osondosanluis.blogspot.com/ 

A poñelo en práctica!! Podedes contarnos nos comentarios que vos pareceu este experimento e se xa sabiades que isto ocorría así.

Ata mañá,
Fidalgo.

luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 6.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 6.º de educación primaria:
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5 e tamén páxs 17 a 19.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 5.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 5.º de educación primaria:
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5 e tamén páxs 16 a 18.
Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 4.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 4.º de educación primaria:
  • Do Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 3.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 3.º de educación primaria:
  • Do Extra vocabulary páxs 1 a 3
  • Do Reinforcement and extension páxs 1A a 4

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar