domingo, 30 de abril de 2017

EXPOSICIÓN DO SALÓN DO LIBRO

Como vistes, celebrouse en Carballo o Salón do Libro e a Lectura. Sempre hai unha exposición dos traballos elaborados polos distintos colexios.
Este ano recibimos un premio polo que presentamos, xunto co CRA Ponte da Pedra, tal e como podes ver se premes AQUÍ
Se queres volver visitar a exposición aquí tes este vídeo.

Salón do libro from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

mércores, 26 de abril de 2017

SALÓN DO LIBRO

Coma todos os anos o Concello organiza o Salón do libro e invítanos a diversas actividades, obras de teatro, obradoiros, ..... e a visitar a exposición.
Nela hai traballos elaborados por todos os coles do concello. Este ano o tema é O MUNDO QUE QUEREMOS.
O noso traballo vai arredor do conto O CARBALLO CON BOTAS. Aquí tedes o enlace das fotos que publicou o xornal.
E algunhas das nosas visitas



luns, 17 de abril de 2017

LETRAS GALEGAS E CARLOS CASARES

Este ano dedícase o día das Letras Galegas a Carlos Casares. Todo o alumnado e profesorado do Colexio participamos no concurso de carteis da Xunta de Galicia. Non gañamos, pero aprendemos moito arredor do escritor. Agora temos unha serie de actividades para facer dende E. Infantil e E. Primaria. Bota unha ollada

domingo, 16 de abril de 2017

As ribeiras do Anllóns

Despois de dous trimestres de traballar o libro O Carballo con Botas, xa temos nacidos os seus fillos, e velaí que tamén fixemos un vídeo dos veciños do noso Carballo, os que viven nas beiras do Anllóns.
Queres coñecelos?
Aquí tés unha mostra da fauna e da flora que podes observar se paseas pola beira do noso benquerido Anllóns.

Ribeiras do Anllóns from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.