sábado, 24 de febreiro de 2018

Recuncho de informática

Hai tempo que funciona o recuncho de informática. Non so cos ordenadores, senón tamén coas tablets. Moi pronto empezaremos tamén cun recuncho de xadrez. Anímate


Animación á lectura

Empezamos con actividades de contacontos, Todos os mércores alguén lerá ou contará algo a outro grupo.
Comezamos @s de terceiro lendo unha fermosa historia de María Victoria Moreno a sexto nivel.



Contacontos para tod@s


24 de febreiro, día de Rosalía

Como cada ano celebramos o día de Rosalia. Na biblioteca tivemos unha pequena exposición de obras de Rosalía, tamén un traballo de investigación con códigos Qr no obradoiro artístico, fixemos algúns retratos, ..... e volvemos disfrutar cos poemas de Rosalía, algúns musicados que escoitamos durante toda a semana nos corredores.

Por San Valentín .... dillo en galego

Celebramos tamén a festa do amor, e mandamos moitas mensaxes a pais, nais, irmáns, amigos, amigas..... pero sempre EN GALEGO