martes, 29 de maio de 2018

CÁMBIACHE O CONTO

E aquí están as nosas versións en clave de igualdade dos contos clásicos que fomos lendo e refacendo ao longo do curso. Nalgúns casos só cambia a imaxe dos personaxes, noutros cambian os finais, e nalgúns cambia todo o conto.

sábado, 19 de maio de 2018

PRESENTACIÓN DE NOVIDADES

Se queres coñecer algo máis de cada libro podes premer neste taboleiro. Tamén os tés no andel de NOVIDADES da biblioteca, alí podes consultalos e pronto poderás levalos en empréstito.

Made with Padlet

mércores, 16 de maio de 2018

UN CACHIÑO DE BICA?

E rematamos a celebración do día das Letras Galegas cunha lectura colectiva das obras de María Victoria Moreno. Partimos da súa obra "¿UN CACHIÑO DE BICA?" e agasallámonos uns grupos a outros con lecturas diversas, e despois cun anaquiño de bica e un batido que nos enviou Feiraco por mor do Premio aos carteis.
Tamén levamos todos e todas a receita para facer a bica, unha regra e un marcapáxinas coas miniaturas dos carteis para quedar cunha boa lembranza deste día.

sábado, 12 de maio de 2018

Día de PARABÉNS

Despois dun día de festa moi intenso críamos que chegaba a calma, pero hoxe foi un día de moitos parabéns, que chegaron de moitos centros , mestres, familias, etc, debido á repercusión que o noso premio tivo na prensa. Aquí tedes algúns recortes de prensa e nos  dous primeiros hai unha ligazón para que poidades ler toda a noticia.
Moitas grazas tamén á prensa polas palabras tan agarimosas que nos dedicaron e a todos e todas que nos felicitastes por diferentes medios.




 E tamén empezamos a ver nos supermercados de Eroski e Familia un dos nosos carteis que empregan para promocionar a nosa lingua no día das Letras Galegas. 


venres, 11 de maio de 2018

PREMIO AOS CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS

Por fin chegou o día, e hoxe, con moita emoción, recibimos o PREMIO AOS CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS. Foi un acto moi emocionante para toda a comunidade educativa. Os carteis teñen xa un lugar de honra nas nosas paredes, e terano sempre nas nosas memorias. Aquí podes velos:



 E tamén un vídeo do acto de entrega do premio, así coma outro cos carteis e algunhas actividades da guía:


NOVO RECANTO DE LECTURA