sábado, 26 de febreiro de 2022

II Carreira saudable

Este mércores 23, celebramos a II Carreira do corazón baixo o lema "Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns"💙💚💛💜💖 Como sabedes, a súa primeira edición coincidiu coa semana dos namorados, buscando traballar a temática dende unha triple perspectiva: o coidado do corazóna nivel emocional, do exercicio físico e a alimentación saudable. Por mor da pandemia, o pasado curso non puidemos celebrala e, este ano aínda que non o fixemos da forma que nos gustaría, si puidemos facer a carreira 😁

Ningún comentario:

Publicar un comentario