domingo, 19 de abril de 2020

ANÁLISE DE FOTOGRAFÍAS 1


Como saberedes, o 23 de abril  celébrase o Día Internacional do Libro e os Dereitos de autor pero ímoslle dedicar toda a semana a esta temática.

No CEIP Xesús San Luís Romero, o proxecto da biblioteca deste ano trata sobre a fotografía e antes do confinamento estabamos a traballar a biografía de varias fotógrafas que fixeron historia. Así, neste día queremos achegarvos a obra de varios fotógraf@s que inmortalizaron, co seu obxectivo, o marabilloso momento lector de diversas persoas.

De entre todos eles e elas, seleccionei unhas cantas fotos para que as observedes con detemento e vos fagades algunhas preguntas. Animádesvos a compartir connosco as respostas??



Agora anímovos a que saquedes unha foto lendo un libro 📷 enviádenola por correo e, cando volvamos ao cole, faremos un libro con elas. Gardarémolo na nosa biblioteca e titularémolo "Lecturas no confinamento".

Un saúdo,
Fidalgo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario