Bo día raparigos e raparigas! Que tal comezades este mércores?? Hoxe tráiovos unha adiviña, así que debedes darlle voltas e voltas ata que deades coa solución. Aquí vos vai:
Teño follas sen ser árbore,
fáloche sen ter voz,
se me abres non me queixo,
adiviña quen son eu.
Destes coa resposta?? Estou seguro de que sí. Se xa sabedes de que se trata, seredes quen de localizalo facilmente no seguinte cadro. Pola contra, observádeo con detemento para dar coa solución.
Se observastes con detemento e paciencia este cadro de Romero Britto, saberedes responder ás seguintes preguntas:
- Que vedes?
- É un home ou unha muller?
- Que está facendo?
- Está sentado ou de pé?
- Está nunha cadeira ou nun sofá?
Se vos animades, intentade recrear o cadro e enviádenos fotos 📷📷 Estou desexando velas 😍😍
Un saúdo,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario