Atención, atención! Temos unha noticia!
As voces das nosas nenas e nenos xa o anunciaron hoxe pola megafonía e agora tamén volo contamos por aquí: a biblioteca está aberta nos recreos! 🚪
Dende hoxe, os recreos tamén son un momento para viaxar sen saír da escola, descubrir historias, coñecer personaxes, deixar voar a imaxinación e, por suposto, gozar dos libros 📖🌈✨
Dádelle ao play ▶️ e escoitade o anuncio que prepararon os nosos pequenos/as grandes locutores/as.
A biblioteca agarda por vós! 💚

