martes, 13 de outubro de 2026

O OUTONO E O SAMAÍN CHEGAN Á BIBLIOTECA

Coa chegada do outono 🌰e a celebración do Samaín 🎃👻, a biblioteca escolar convértese nun espazo cheo de misterio, historias arrepiantes e lecturas para gozar desta época do ano. Preparamos unha exposición de libros na que podedes atopar contos de medo, lendas, historias de meigas e seres fantásticos, así como lecturas que nos achegan ás cores, aos cambios e á maxia do outono 🍂🐌

Convidámosvos a achegarvos á exposición, descubrir os títulos seleccionados e deixarvos sorprender polas historias que agochan as súas páxinas 📙 Unha oportunidade para compartir lecturas, espertar a curiosidade e celebrar esta estación tamén a través dos libros, porque na biblioteca o outono trae follas e o Samaín moitas historias que poñen os pelos de punta! 👺💀


Ningún comentario:

Publicar un comentario