Bo mércores a todos e todas!! Hoxe é un mércores de celebración pois
conmemórase o Día das Artes Galegas. Sabedes a quen se homenaxea neste 1 de
abril de 2020? A Domingo Antonio de Andrade. Déixovos un cartel que
elaborei para que poidades saber un pouco máis del.
Como vedes, a súa faceta máis importante foi a súa dedicación á
arquitectura, por iso se homenaxe a súa figura este ano o Día das Artes
Galegas. E falando de arte… eu atópome un pouco tristeiro e morriñento por non
poder camiñar polo Bosque do Añón, o paseo do río Anllóns, ir á praia a Razo,
ver os murais das nosas rúas carballesas… Saberedes que moitas
delas están moi fermosas grazas á iniciativa “Derribando muros con pintura”.
Vouvos propoñer unha actividade coa arte das nosas rúas. Sen saír da casa,
tedes que dicirme en que rúa se atopan os seguintes murais ou senón darme unhas
indicacións; por exemplo, "preto de…", "indo cara…". Se precisades axuda, botade man de
internet.
Comezamos!!
|
Imaxe do libro Derrumbando muros con pintura do Concello de Carballo e Carballo a un paso. |

Agora paciencia e a coidarse. Cando todo isto volva á normalidade
anímovos a ir visitalos e sacar unha foto diante deles. Prométovos que lle
direi aos vosos mestres e mestras que, cando volvades ao cole, vos leven de
excursión por Carballo para visitalos. Patearemos Carballo!!
Un saúdo,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario