mércores, 18 de marzo de 2020

DEIXANDO VOAR A IMAXINACIÓN

Comezamos coas propostas!! Aí vos vai unha artistada. Para voar teriamos que ser un paxariño ou empregar un avión, un globo... asi que propoñémosvos a elaboración dun globo aerostático. Deixade voar a vosa imaxinación e poderedes atopar a diversión nos vosos fogares.

Aquí vos deixamos unha imaxe extraída da páxina https://www.pisos.com/aldia/10-pasos-para-hacer-un-globo-aerostatico-decorativo/92669/ onde atoparedes como facelo en 10 sinxelos pasos.
Animádevos a facelo, será moi divertido! Despois podedes colgalo na vosa habitación ou nas fiestras para que os vosos veciños e veciñas os vexan.

Deixámosvos outra idea baseada nunha iniciativa xurdida en Italia que consiste en facer arcos da vella e colgalos nas fiestras e nos balcóns: https://www.bebesymas.com/noticias/todo-ira-bien-esperanzadora-iniciativa-ninos-ninas-que-inicio-italia-cuarentena-coronavirus

Un biquiño,
Fidalgo.


FIDALGO PROPÓN...

Ola nenas e nenos, son Fidalgo. Como levades estes días na casa? Igual ca vós, eu tamén estou na miña casiña para evitar propagar o virus e seguindo os consellos dos sanitarios para coidarme moito!!

Para evitar que estes días sexan aburridos, ocorréuseme facer unha actividade diferente cada día. Vouvos contar as miñas ideas a ver se vos animades a participar desde as vosas casiñas.
  • FIDALGO RECOMENDACIÓNS: os luns recomendareivos algúns libros ou fareivos preguntas sobre algún conto ou personaxe.
  • conCIENCIA DE FIDALGO: os martes propoñereivos algún experimento sinxeliño que podedes facer con materiais que tedes na casa.
  • AS ARTISTADAS DE FIDALGO: os mércores propoñereivos algunha manualidade ou material para xogar.
  • XOVES POÉTICOS: cada xoves recomendareivos un poema.
  • EMOCIÓNATE CON FIDALGO: os venres recomendareivos algunha curtametraxe sobre diferentes emocións.

Que vos parece a planificación dos meus días? Animádesvos a participar? #EuQuedoNaCasa pero divertireime e aprenderei moito!! Quizáis algunhas actividades teñan un nivel de dificultade moi elevado para os máis pequenos/as, pero lembrade que nos outros blogs do cole tedes máis propostas: http://blogueirosdosanluis.blogspot.com/ e http://ospequesdesanluis.blogspot.com/ 

Todas as actividades son voluntarias e podedes facelas con materiais que tedes na casa. Moito ánimo! E lembrade que o máis importante de todo é coidarse!

Saúdos para todos e todas,

Fidalgo


luns, 16 de marzo de 2020

Apps Educativas e gratuítas polo Coronavirus

Academons Primaria. Ofrece 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de varias áreas.
Terás que descargalo. Para iso preme AQUI

Smartick para repasar Matemáticas, gratis durante quince días
Preme AQUI

GENYALLY ofrece tamén recursos por tempo limitado. Tes que rexistrarte. Preme AQUI

Eduzland, da acceso gratuíto a todos os seus recursos mentres dure a situación. Terás que descargar unha app no ordenador ou tablet. Preme AQUÍ

Cerebriti. Permite acceso gratis hasta fin de curso. Terás que rexistrarte. Preme AQUI

LIBROS QUE SE PODEN DESCARGAR DE DISTINTAS ÁREAS E NIVEIS. TAMÉN CONTOS.
DESCÁRGANSE EN PDF  AQUI




venres, 13 de marzo de 2020

PECHE POR CORONAVIRUS

Ante a situación de peche do colexio pola pandemia de coronavirus, dende o equipo de profesorado do CEIP Xesús San Luís Romero ofrecémosvos unha serie de actividades on line que pode facer o alumnado.
Case todas elas veñen distribuídas por cursos ou idades.
Vai premendo e probando. Verás que divertidas!!!!


















E para imprimir PROBLEMAS DE MATES para @s máis pequen@s

Algúns xogos
para manexar moi ben o rato





xoves, 12 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como o 24 de febreiro foi o aniversario de Rosalía de Castro, o alumnado de Educación Infantil quixemos recordala aprendendo un anaco dun poema seu que nos invitaba a facer voar a nosa imaxinación. Un poema que nos tenta a percorrer un camiño descoñecido, unha porta aberta á fantasía que nos atrae moito aos nenos e nenas.

Despois de ler varias veces o poema, xogamos a imaxinar a onde nos gustaría que nos levase o camiño: ao país dos dinosauros, a un monte con animais perigosos, a unha casa nova, a unha cafetería, ao país onde vive Hulk...

Quixemos representar a través dun debuxo os nosos camiños e pintámolos con acuarelas. Logo gravamos as nosas voces. Velaí vai unha pequena mostra, agardamos que vos guste!!

Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que no sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo
quixera perderte andar.
(...)
Rosalía de Castro


Ademais, fixemos unha exposición polos corredores con imaxes moi creativas dela.





Ademais o alumnado de 5.º de Educación Primaria realizou un cartel sobre a autora, incluíndo a figura de María Cardarelly, unha das primeiras fotógrafas que tivo estudio propio no noso país, concretamente en Santiago de Compostela. Ademais disto, María Cardarelly pasou á historia de Galicia porque con 26 anos sacoulle dous retratos a Rosalía de Castro, os dous máis antigos que se conservan desta gran escritora galega.


martes, 10 de marzo de 2020

PREMIO AOS CARTEIS DAS LETRAS GALEGAS

Xa é oficial, volvemos gañar no concurso dos carteis das  Letras Galegas que se dedica este ano a Carvalho Calero.
Aquí podes consultar as ligazóns
1   2

venres, 28 de febreiro de 2020

CONSTRUÍMOS UN SPINNER

Onte no recuncho de robótica da biblioteca fixemos algo moi interesante. Sabedes que é? Construímos un spinner empregando o Lego WeDo.

EL ABRAZO

Onte algúns nenos e nenas de 6.º de educación primaria léronnos un conto moi chulo no recreo. Titúlase El abrazo.
Moitas grazas compis!!

xoves, 27 de febreiro de 2020

24 de febreiro, Día de Rosalía

Aínda que nos cadrou en vacacións, celebramos uns días antes o Día de Rosalía.
E os nosos corredores locen moito  máis bonitos coa súa imaxe.
E tamén a teremos moi presente nas nosas lecturas, pois imos usar este marcador.