mércores, 18 de marzo de 2020

FIDALGO PROPÓN...

Ola nenas e nenos, son Fidalgo. Como levades estes días na casa? Igual ca vós, eu tamén estou na miña casiña para evitar propagar o virus e seguindo os consellos dos sanitarios para coidarme moito!!

Para evitar que estes días sexan aburridos, ocorréuseme facer unha actividade diferente cada día. Vouvos contar as miñas ideas a ver se vos animades a participar desde as vosas casiñas.
  • FIDALGO RECOMENDACIÓNS: os luns recomendareivos algúns libros ou fareivos preguntas sobre algún conto ou personaxe.
  • conCIENCIA DE FIDALGO: os martes propoñereivos algún experimento sinxeliño que podedes facer con materiais que tedes na casa.
  • AS ARTISTADAS DE FIDALGO: os mércores propoñereivos algunha manualidade ou material para xogar.
  • XOVES POÉTICOS: cada xoves recomendareivos un poema.
  • EMOCIÓNATE CON FIDALGO: os venres recomendareivos algunha curtametraxe sobre diferentes emocións.

Que vos parece a planificación dos meus días? Animádesvos a participar? #EuQuedoNaCasa pero divertireime e aprenderei moito!! Quizáis algunhas actividades teñan un nivel de dificultade moi elevado para os máis pequenos/as, pero lembrade que nos outros blogs do cole tedes máis propostas: http://blogueirosdosanluis.blogspot.com/ e http://ospequesdesanluis.blogspot.com/ 

Todas as actividades son voluntarias e podedes facelas con materiais que tedes na casa. Moito ánimo! E lembrade que o máis importante de todo é coidarse!

Saúdos para todos e todas,

Fidalgo


Ningún comentario:

Publicar un comentario