luns, 30 de marzo de 2020

O MONSTRO DE CORES

Bo día amiguiños e amiguiñas!! Hoxe tráiovos unha recomendación moi especial dun libro que ten moito éxito na nosa biblioteca: O monstro de cores. Como sabedes, trata sobre diferentes emocións, así que anímovos a que vexades este vídeo e escoitedes a súa lectura: https://www.youtube.com/watch?v=__NmMOkND8g
EL MONSTRUO DE COLORES (POP-UP) | ANNA LLENAS | Comprar libro ...
Imaxe extraída de https://www.casadellibro.com/libro-el-monstruo-de-colores-pop-up/9788494157820/2378628
E agora dicídeme, que emoción sentides neste momento?? Podedes compartilo connosco nos comentarios.

Deixámosvos tamén unha adaptación que se fixo do conto en relación ao coronavirus. A ver que vos parece.

Un saudiño,
Fidalgo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario