Ola nenas e nenos, como estades?? Hoxe
veño recomendarvos unha curtametraxe titulada "Piper" que trata sobre unha
emoción. Para vela, accedede á seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=tTjHEyEAlsc
Gustouvos?? Agora intentade responder ás
seguintes preguntas:
- Sobre que emoción trata?
- É unha emoción negativa ou
positiva?
- Que situacións che
producen esa emoción?
- Como fas para superala?
Agora confesareivos que eu sinto iso,
medo, algunhas veces, por exemplo, estes días coa situación que nos está
tocando vivir. Agora mesmo, ese medo é un pouco máis lixeiro pois confío na
labor de todo o persoal que nos está a axudar a saír disto, así como na xente que
está a facer o que nos pediron: quedar na casa.
Un bico e boa fin de semana,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario