MATERIAIS:
- Varias botellas de cristal parecidas.
- Auga. Se queredes engadirlle colorante alimentario podedes, quedará
máis vistoso, pero non é importante para o experimento.
- Papel e lapis.
- Un pau ou regra.
PASOS A SEGUIR:
1. Enche as botellas
de auga ata diferentes niveis. Alinea as botellas por orde, de máis auga a
menos.
2. Comproba o ton que
producen golpeando cada botella (con coidado! Non as vaiades romper) cun pau.
Intenta golpear sempre no mesmo sitio. Que ocorre? Soan todas igual?
3. Usa esas mesas
botellas. Agora sopra pola boca das botellas de unha en unha, verás que todas
soan distinto.
Agora ímosvos
explicar que aconteceu. O son prodúcese creando vibracións nun material. Neste
caso, canta máis auga hai na botella máis grave é o ton e canta menos auga hai,
máis agudo é o ton. E no caso do aire pasa o contrario: canto maior é o volume
de aire máis grave será o son e canto menor é o volume do aire máis agudo.
Seguro que vos resulta sinxelo de entender porque xa o aprenderiades coa profe
de música que… por certo!! Ten un blog moi chulo que podedes visitar.
Deixámosvos a ligazón: https://osondosanluis.blogspot.com/
A poñelo en
práctica!! Podedes contarnos nos comentarios que vos pareceu este experimento e
se xa sabiades que isto ocorría así.
Ata mañá,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario