mércores, 18 de marzo de 2020

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Como sabedes, o 21 de marzo celébrase o Día da Poesía así que eu, Fidalgo, quero deixarvos varias propostas para conmemorar este día:

POESÍAS CREATIVAS. Mar Benegas recolle nun dos seus libros un truco poético. Para crear as vosas poesías, seguide estes pasos:

PASO 1: Respondede a estas preguntas. Por exemplo:
- Quen é? A lúa.
- Onde vive? No ceo.
- Como é? Branca, branca.
- Que fai ou acontece? Acende a luz da noite.

PASO 2: Quitade as preguntas e teredes listo o voso poema.

A lúa
no ceo
branca, branca
acende a luz da noite.

PASO 3: Agora probade vós a inventar novas preguntas a ver que poemas creades. Copiádeos e á volta pendurarémolos no taboleiro de cortiza da biblioteca. Como estes días estamos na casa, podedes facerlle estas preguntas á familia e verededes cantos poemas nacen.

RECOMENDACIÓN DE LECTURA.

Suena música en la casa,
alguien toca el contrabajo:
don don don
suena así por el salón
y dentro del contrabajo
alguien toca la guitarra:
glin glin glin
suena así por el jardín

Mar Benegas di: "La casa es la protagonista. Es decir, son poemas donde la casa habla. Y los versos cuentan y cantan sobre la relación que establecemos con ella". Nestes días que estamos na casa, convídovos a facer un poema sobre ela e ilustrádeo. Seguro que vos quedan moi fermosos.

MICROPOEMAS. Difundir a poesía entre os máis pequenos e pequenas non é tarefa doada. Por que non aproveitamos os medios actuais, as novas linguaxes, para achegar a poesía e a creación a eles/as? Velaí vos enviamos estes micropoemas de A. Sesmero.

- Micropoemas VI: Botas con raíces. https://www.youtube.com/watch?time_continue=11&v=kk4AydXr6gs&feature=emb_logo

- Micropoemas X: Medusas deportistas. https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=_D2onqXTu28&feature=emb_logo

- Micropoemas XIII: Cielo de cafeína. https://www.youtube.com/watch?time_continue=5&v=1Eo3vCdJWag&feature=emb_logo


CREACIÓN DUN POEMA. Propoñémosvos crear un poema coa axuda da vosa familia inspirándonos neste de María Alicia Esain.

Poema sin fin

Sobre la vara, una estrella,
junto a la luna, una niña, 
sobre la niña, un sombrero,
junto al sombrero, la magia,
sobre la magia, los cuentos,
junto a los cuentos, un pájaro ...
sobre sume vuelo, los sueños.
Junto a la niña, los libros, 
sobre los libros, la noche,

junto a la noche, luciérnagas ...


Unha vez lido, tedes que cambiar os substantivos e emparexalos. Por exemplo:

Sobre la casa, una nube,
junto a la nube, un paraguas
sobre el paraguas, una gota….

Seguindo esta idea, probade a facer poemas en galego. Quedaranvos xenial!!


Ata aquí as miñas propostas para o Día da Poesía. Un saúdiño,
Fidalgo.













"Un neno/a cun libro de poesía nas mans nunca terá de maior unha arma entre elas" Gloria Fuertes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario