Sabedes cando foi a primeira vez que se
celebrou este día?? Aló polo ano 1962.
Hoxe será unha
celebración un tanto especial deste día polo que o Cirque du Soleil
quere aportar o seu gran de area para facer máis entretido o confinamento. Dado
que non é posible ver en vivo algunhas das súas representacións, creouse unha
plataforma dixital na que se estreará un especial de 60 minutos que reúne
algúns dos momentos máis especiais de tres dos seus espectáculos.
Cando temos cita co
Cirque du Soleil? Hoxe, venres 27 de marzo ás 20.00h na seguinte ligazón: cirquedusoleil.com/cirqueconnect
Un saúdo,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario