mércores, 25 de marzo de 2020

UN QUEBRACABEZAS

Bo día!! Que tal vai este mércores tan solleiro? Hoxe ímosvos propoñer facer un quebracabezas caseiro.

Que materiais precisades?
  • Imaxes grandes de revistas ou xornais.
  • Tesoiras.
  • Pegamento.
  • Cartolina ou cartón

Como o imos facer?
Mirade en familia revistas que teñades pola casa e elixide a foto que queredes converter en quebracabezas. Pegádea nunha cartolina ou cartón fino e agardade a que seque. Unha vez que estea seco, recortarédelo en diferentes pezas que formarán o quebracabezas. Para os máis pequenos empezaredes con 4 ou 5 pezas e os maiores poderedes aumentar a dificultade.

Resultado de imaxes para: puzle casero carton
Imaxe extraída de internet
Gardade os distintos quebracabezas en bolsas transparentes e metédeas dentro dunha caixa de zapatos. Á volta podedes compartilas cos vosos compañeiros e compañeiras ou traelas para a biblioteca. Que tal se facemos unha colección deles para poder empregar nos recreos?

Un saúdo,

Fidalgo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario