Bo día!! Que tal vai o segundo día desta semana?? Hoxe
veño propoñervos un experimento. Levamos uns días de moi bo tempo e,
como as noites estaban tan agradables, antes de deitarme adiquei cinco
minutiños a ollar pola ventá as estrelas. Aaaai... como me gusta a min observalas!! Foi aí cando lembrei que, fai moito
tempo, alguén me ensinou o experimento que vos vou contar a continuación.
Primeiro, debedes dobrar 5 escarvadentes de madeira
pola metade poñéndolle forma de “V” sen rompelos. Colocádeos nun prato como se
ve no debuxo e engadide unhas gotas de auga no centro.
Observade
o que acontece a medida que os escarvadentes absorben a auga.
Que
observastes? Por que acontecería iso? Compartídeo connosco nos comentarios!!
Vouvos explicar o que acontece: os escarvadentes compóñense de fibras
de madeira. A medida que absorben a auga, expándense e “abren
os brazos” ata que chocan cos que teñen ao seu carón. Así, fórmase unha
estrela perfecta. Que vos parece??
Agora convídovos a ollar as estrelas pola noite,
veredes que sensación tan relaxante.
Un biquiño,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario