Como o 24 de febreiro foi o aniversario de Rosalía de Castro, o alumnado de Educación Infantil quixemos recordala aprendendo un anaco dun poema seu que nos invitaba a facer voar a nosa imaxinación. Un poema que nos tenta a percorrer un camiño descoñecido, unha porta aberta á fantasía que nos atrae moito aos nenos e nenas.
Despois de ler varias veces o poema, xogamos a imaxinar a onde nos gustaría que nos levase o camiño: ao país dos dinosauros, a un monte con animais perigosos, a unha casa nova, a unha cafetería, ao país onde vive Hulk...
Quixemos representar a través dun debuxo os nosos camiños e pintámolos con acuarelas. Logo gravamos as nosas voces. Velaí vai unha pequena mostra, agardamos que vos guste!!
Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que no sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo
quixera perderte andar.
(...)
Rosalía de Castro
Ademais, fixemos unha exposición polos corredores con imaxes moi creativas dela.
Ademais o alumnado de 5.º de Educación Primaria realizou un cartel sobre a autora, incluíndo a figura de María Cardarelly, unha das primeiras fotógrafas que tivo estudio propio no noso país, concretamente en Santiago de Compostela. Ademais disto, María Cardarelly pasou á historia de Galicia porque con 26 anos sacoulle dous retratos a Rosalía de Castro, os dous máis antigos que se conservan desta gran escritora galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario