mércores, 25 de marzo de 2020

UN QUEBRACABEZAS

Bo día!! Que tal vai este mércores tan solleiro? Hoxe ímosvos propoñer facer un quebracabezas caseiro.

Que materiais precisades?
  • Imaxes grandes de revistas ou xornais.
  • Tesoiras.
  • Pegamento.
  • Cartolina ou cartón

Como o imos facer?
Mirade en familia revistas que teñades pola casa e elixide a foto que queredes converter en quebracabezas. Pegádea nunha cartolina ou cartón fino e agardade a que seque. Unha vez que estea seco, recortarédelo en diferentes pezas que formarán o quebracabezas. Para os máis pequenos empezaredes con 4 ou 5 pezas e os maiores poderedes aumentar a dificultade.

Resultado de imaxes para: puzle casero carton
Imaxe extraída de internet
Gardade os distintos quebracabezas en bolsas transparentes e metédeas dentro dunha caixa de zapatos. Á volta podedes compartilas cos vosos compañeiros e compañeiras ou traelas para a biblioteca. Que tal se facemos unha colección deles para poder empregar nos recreos?

Un saúdo,

Fidalgo.


martes, 24 de marzo de 2020

O MESMO TON?




Hoxe ímosvos propoñer unha actividade titulada “O mesmo ton?” extraída do libro Aprende super experimentos.




MATERIAIS:
  • Varias botellas de cristal parecidas.
  • Auga. Se queredes engadirlle colorante alimentario podedes, quedará máis vistoso, pero non é importante para o experimento.
  • Papel e lapis.
  • Un pau ou regra.

PASOS A SEGUIR:
1. Enche as botellas de auga ata diferentes niveis. Alinea as botellas por orde, de máis auga a menos.

2. Comproba o ton que producen golpeando cada botella (con coidado! Non as vaiades romper) cun pau. Intenta golpear sempre no mesmo sitio. Que ocorre? Soan todas igual?

3. Usa esas mesas botellas. Agora sopra pola boca das botellas de unha en unha, verás que todas soan distinto.

Agora ímosvos explicar que aconteceu. O son prodúcese creando vibracións nun material. Neste caso, canta máis auga hai na botella máis grave é o ton e canta menos auga hai, máis agudo é o ton. E no caso do aire pasa o contrario: canto maior é o volume de aire máis grave será o son e canto menor é o volume do aire máis agudo.

Seguro que vos resulta sinxelo de entender porque xa o aprenderiades coa profe de música que… por certo!! Ten un blog moi chulo que podedes visitar. Deixámosvos a ligazón: https://osondosanluis.blogspot.com/ 

A poñelo en práctica!! Podedes contarnos nos comentarios que vos pareceu este experimento e se xa sabiades que isto ocorría así.

Ata mañá,
Fidalgo.


luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 6.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 6.º de educación primaria:
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5 e tamén páxs 17 a 19.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 5.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 5.º de educación primaria:
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5 e tamén páxs 16 a 18.
Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 4.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 4.º de educación primaria:
  • Do Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar


ACTIVIDADES INGLÉS 3.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 3.º de educación primaria:
  • Do Extra vocabulary páxs 1 a 3
  • Do Reinforcement and extension páxs 1A a 4

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar



ACTIVIDADES INGLÉS 2.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 2.º de educación primaria:
  • Do .pdf Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do .pdf Reinforcement and extensión páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar


ACTIVIDADES INGLÉS 1.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 1.º de educación primaria:
  • Do .pdf Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do .pdf Reinforcement and extensión páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar


Actividades para 5º nivel 23 de marzo

Tarefas 5º by Segundo Ciclo on Scribd

Preme en VER EN SCRIBD para velo máis grande ou descargalo.

FIDALGO RECOMENDA UN POEMA E UN CONTO

O sábado 21 de marzo foi o Día da Poesía e o Día Mundial do Síndrome de Down, así que hoxe veño recomendarvos dúas cousiñas:

Por unha banda un vídeo que nos enviou unha amiga, Marga Sampaio, e que tamén é mestra. Nel lenos un poema de Gianni Rodari que está escrito en italiano. Veredes canto agrada aos oidos!! Non teredes ningunha dificultade para entendelo. Graciñas Marga por este agasallo tan fermoso.



A segunda recomendación é un conto. Titúlase Por cuatro esquinitas de nada e faravos reflexionar sobre o valor da diferenza. Cando volvamos ao cole poderedes collelo emprestado na biblioteca ou lelo alí. Mentres tanto, podederedes escoitalo nas vosas casas a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

Imaxe extraída de internet

Boa escoita! E lembrade que
"as fortalezas están nas nosas diferenzas, non nas nosas similitudes". (Stephen Covey)


Un saúdo,

Fidalgo.