Benvidos e benvidas un día máis ás propostas de celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Hoxe imos facer unha botella da calma. Sabedes o que é? Tedes algunha na vosa clase?
Velaquí vos deixo algunhas ideas para que poidades facer a vosa:
Na seguinte ligazón, podedes acceder a unha páxina onde se explica como facela paso a paso:
Algúns dos materiais que podedes precisar son:
- Un bote de cristal ou unha botella de plástico (máis ben alta).
- Purpurina da cor que queiras.
- Pegamento glitter ou transparente.
- Auga templada.
- Colorante alimentario.
Cando a teñades lista, podedes crear nas vosas aulas un recuncho da calma.
Biquiños,
Ningún comentario:
Publicar un comentario