Malala é unha muller que, de nena, viviu nun país en guerra onde, a pesar de todo, loitou polos seus propios dereitos. Fíxoo con tal valentía que gañou o Premio Nobel da Paz.
Existe un libro titulado O lapis máxico de Malala onde se conta a súa historia.
Agora anímovos a realizar un pequeno traballiño. Estades preparados/as?
PARA AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, 1.º E 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA
PARA AS NENAS E NENOS DE 3.º, 4.º, 5.º E 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Despois de coñecer a historia de Malala, intentade escribir unha historia na que a paz sexa a protagonista.
Moito ánimo!! Seguro que facedes unhas creacións preciosas 😍 Enviade foto das vosas producións ao correo da biblioteca para poder compartilas no blog 📷 Tamén podedes facer algún vídeo lendo as vosas historias 👏
Un saúdo,
Ningún comentario:
Publicar un comentario