xoves, 26 de marzo de 2020

QUÉ BONITO ES QUERER...

Ola amiguiños e amiguiñas? Que tal vos vai?? A min ben, aquí pola miña casa, entretido pensando actividades para vós e levándoas a cabo.

Hoxe é un xoves poético. Son consciente de que vos debía presentar un poema pero, ás veces, os/as cantautores/as crean cancións que rozan a poesía; a min a titulada “Qué bonito es querer” de Manuel Carrasco, paréceme unha delas. Ademais, nestes momentos tan difíciles esta canción recórdanos o valor que ten a amizade e o amor.

Deixámosvos unha ligazón para que poidades escoitala: https://www.youtube.com/watch?v=jqDEKHwpOJ0 Alguén se anima a bailala? Veña, que o movemento é bo para o corpo.

Tamén podedes ler a letra da canción como se se tratase dun poema. Lembraredes que isto xa o fixemos máis veces na escola. Velaquí tedes a letra:


QUÉ BONITO ES QUERER...


Tiene un cañón de alegría disparando en los ojos
Y todo aquel que la mire se llena de amor
Es el ángel de la guarda para los demonios
Le juro que no le exagero, todo es corazón.

Tiene la vida más vida si la tienes cerca
Es el paraguas, no te baila el agua sin más
Tiene la risa que alivia todos los problemas
Es esa palabra que escucha cada suspirar.

Es una vela encendida porque si hay un día en la oscuridad
Vierte un ratito en la herida, por eso es mi amiga para bien y mal.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Es la orillita del agua vencida que rompe
Cuando se pone valiente no sabe frenar
No tiene miedo a la gente, lucha en el desorden
Que la justicia gana ya por la libertad.

Es una vela encendida porque si hay un día en la oscuridad
Vierte un ratito en la herida, por eso es mi amiga para bien y mal.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Ella no supo qué hacer cuando la derrotaron
Ella aprendió de las lágrimas, harta de llorar
Por ello tiene ese brillo y el grito de un faro
Es el paso pal caminito perdido encontrar.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar
Afortunado yo por tener tu amistad.

Qué bonito es saber qué siempre estás ahí
Quiero que sepas que voy a cuidar de ti
Qué bonito es querer y poder confiar

Afortunado yo por tener tu amistad.



Agora podedes traducila ao galego, veredes que ben queda!!!

No videoclip vese que o neno e  a nena se comunican por un teléfono moi curioso, seguro os vosos papás e mamás tiveron un igualiño algunha vez, queredes intentar facer un? É moi sinxelo, mirade!!


NECESITADES: dous vasos de plástico (poden ser de iogur) e un cordón longo.

PASOS:
1. Fai un burato no fondo dos dous vasos de plástico cun lapis afiado ou algo punzante.

2. Corta un cordón moi longo e pasa un extremo polo burato dun dos vasos. Fai un nó no cordón dentro do vaso.

3. Fai o mesmo co extremo oposto do cordón e o outro vaso. Dalle un dos vasos a un amigo/a ou alguén da familia e dille que o poña na orella. Sal do cuarto co outro vaso e fala dentro del. Que pasará?


Un  pequeno truco: para unha mellor comunicación tensa o cordón sen que toque nada.
Imaxe extraída de internet.
Un bico,
Fidalgo.

mércores, 25 de marzo de 2020

UN QUEBRACABEZAS

Bo día!! Que tal vai este mércores tan solleiro? Hoxe ímosvos propoñer facer un quebracabezas caseiro.

Que materiais precisades?
  • Imaxes grandes de revistas ou xornais.
  • Tesoiras.
  • Pegamento.
  • Cartolina ou cartón

Como o imos facer?
Mirade en familia revistas que teñades pola casa e elixide a foto que queredes converter en quebracabezas. Pegádea nunha cartolina ou cartón fino e agardade a que seque. Unha vez que estea seco, recortarédelo en diferentes pezas que formarán o quebracabezas. Para os máis pequenos empezaredes con 4 ou 5 pezas e os maiores poderedes aumentar a dificultade.

Resultado de imaxes para: puzle casero carton
Imaxe extraída de internet
Gardade os distintos quebracabezas en bolsas transparentes e metédeas dentro dunha caixa de zapatos. Á volta podedes compartilas cos vosos compañeiros e compañeiras ou traelas para a biblioteca. Que tal se facemos unha colección deles para poder empregar nos recreos?

Un saúdo,

Fidalgo.


martes, 24 de marzo de 2020

O MESMO TON?




Hoxe ímosvos propoñer unha actividade titulada “O mesmo ton?” extraída do libro Aprende super experimentos.




MATERIAIS:
  • Varias botellas de cristal parecidas.
  • Auga. Se queredes engadirlle colorante alimentario podedes, quedará máis vistoso, pero non é importante para o experimento.
  • Papel e lapis.
  • Un pau ou regra.

PASOS A SEGUIR:
1. Enche as botellas de auga ata diferentes niveis. Alinea as botellas por orde, de máis auga a menos.

2. Comproba o ton que producen golpeando cada botella (con coidado! Non as vaiades romper) cun pau. Intenta golpear sempre no mesmo sitio. Que ocorre? Soan todas igual?

3. Usa esas mesas botellas. Agora sopra pola boca das botellas de unha en unha, verás que todas soan distinto.

Agora ímosvos explicar que aconteceu. O son prodúcese creando vibracións nun material. Neste caso, canta máis auga hai na botella máis grave é o ton e canta menos auga hai, máis agudo é o ton. E no caso do aire pasa o contrario: canto maior é o volume de aire máis grave será o son e canto menor é o volume do aire máis agudo.

Seguro que vos resulta sinxelo de entender porque xa o aprenderiades coa profe de música que… por certo!! Ten un blog moi chulo que podedes visitar. Deixámosvos a ligazón: https://osondosanluis.blogspot.com/ 

A poñelo en práctica!! Podedes contarnos nos comentarios que vos pareceu este experimento e se xa sabiades que isto ocorría así.

Ata mañá,
Fidalgo.


luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 6.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 6.º de educación primaria:
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5 e tamén páxs 17 a 19.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 5.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 5.º de educación primaria:
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5 e tamén páxs 16 a 18.
Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar

ACTIVIDADES INGLÉS 4.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 4.º de educación primaria:
  • Do Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do Reinforcement and extension páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar


ACTIVIDADES INGLÉS 3.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 3.º de educación primaria:
  • Do Extra vocabulary páxs 1 a 3
  • Do Reinforcement and extension páxs 1A a 4

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar



ACTIVIDADES INGLÉS 2.ºEP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 2.º de educación primaria:
  • Do .pdf Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do .pdf Reinforcement and extensión páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar


ACTIVIDADES INGLÉS 1.º EP

O profe César envíanos estas tarefas para o alumnado de 1.º de educación primaria:
  • Do .pdf Extra vocabulary páxs 1 a 3.
  • Do .pdf Reinforcement and extensión páxs 1 a 5.

Son todas fichas curtas e de repaso. Están enumeradas na parte inferior dereita e conteñen as solucións ao final dos exercicios por se queredes comprobar o resultado.

Descargar


Actividades para 5º nivel 23 de marzo

Tarefas 5º by Segundo Ciclo on Scribd

Preme en VER EN SCRIBD para velo máis grande ou descargalo.