mércores, 20 de xaneiro de 2021

MARTES 26: UNHA CHAMADA Á CALMA

Benvidos e benvidas!! As propostas de hoxe están baseadas na calma e imos facer unha chamada á tranquilidade. Partimos da idea de que a paz parte dun mesmo e só así poderemos resolver da mellor forma posible os conflitos que nos xurdan.

Velaquí vos deixo varias propostas. Podedes facelas todas ou escoller a que máis vos guste.


QUE SE NOS ACABAN AS PILAS!!

O obxectivo deste xogo é pasar da tensión e a actividade á relaxación e á tranquilidade. Debedes facer movementos co corpo segundo as indicacións que se vos dan.

A vosa mestra ou mestre diravos o seguinte💬: imos xogar a un xogo, imos ser robots que funcionan con pilas. Primeiro, teremos as pilas novas e podemos xogar e correr con rapidez. Teredes que correr libremente dun lado ao outro da aula ou dar voltas o máis rápido que poidades.

Despois diranvos: "xa se gastou unha parte das pilas, así que agora só podedes correr máis lento. A ver como diminuides a velocidade".

Continuarase con diferentes ordes similares a esta ata que se diminúa máis a velocidade. Despois dun cachiño, o mestre/a diravos que as pilas están pola metade, que non poden correr e que só podedes camiñar.


Despois diráselle: "as pilas estanse acabando e cada vez cústanos máis movernos. Cada vez movémonos máis amodo... máis amodo... máis amodo. Cada paso que damos cústanos moito máis, estamos esgotando toda a enerxía das nosas pilas e imos quedar deitados no chan un anaco".
Agora que xa estades ben relaxadiños/as, podedes levantarvos. Seguro que xa vos atopades en calma 🙇




IOGA
Agora que xa movestes o voso corpiño, é momento de relaxarse e volver á calma. Déixovos un vídeo de ioga coas posturas dos animais.


Se vos animades a seguir facendo ioga, buscade en Youtube "Alba Ermida Ioga" e atoparedes diferentes vídeos en galego.


A POMBA DE PAPEL
Imos facer unha pomba de papel, un barco ou calquera outra figura que saibades. Pintádeo e decorádeo ao voso gusto.

Como facer unha pomba de papel?


Como facer un barco de papel?


Agora que xa o tedes listo, deitádevos no chan boca arriba e colocade a pomba/barco na vosa barriga. Inspirade e expirade, veredes como se moven. Repetide isto varias veces ata que consigades estar ben relaxados e relaxadas.

Agora que xa estades tranquiliños, podedes continuar a xornada 😊 Lembrade que podedes recurrir a este tipo de propostas cando vos atopedes axitados.

Un bico sen ruído,


LUNS 25: O LAPIS MÁXICO DE MALALA


Hoxe damos comezo ás propostas para a celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz e, neste caso, está relacionada con Malala. Sabedes quen é?

Malala é unha muller que, de nena, viviu nun país en guerra onde, a pesar de todo, loitou polos seus propios dereitos. Fíxoo con tal valentía que gañou o Premio Nobel da Paz. 

Existe un libro titulado O lapis máxico de Malala onde se conta a súa historia.

Agora anímovos a realizar un pequeno traballiño. Estades preparados/as?

PARA AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, 1.º E 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA



PARA AS NENAS E NENOS DE 3.º, 4.º, 5.º E 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Despois de coñecer a historia de Malala, intentade escribir unha historia na que a paz sexa a protagonista.


Moito ánimo!! Seguro que facedes unhas creacións preciosas 😍 Enviade foto das vosas producións  ao correo da biblioteca para poder compartilas no blog 📷 Tamén podedes facer algún vídeo lendo as vosas historias 👏


Un saúdo,



mércores, 23 de decembro de 2020

NADAL 2020

Onte, no noso colexio, celebramos o Nadal, aínda que este ano dunha forma distinta. Gustaríanos ter feito unha festa todos/as xuntos/as pero non puido ser, todo sexa por coidar a nosa saúde!! Aínda así, recibimos moitas sorpresas pois... veu visitarnos Papá Noel 🎅!! E sabedes que? Trouxo mooooitos agasallos 🎁 Eu creo que iso foi para recompensar o esforzo que todos e todas estamos facendo nestes tempos tan complicados. Dende aquí gustaríame felicitarvos, nenas e nenos, pois estádesnos a dar unha gran lección!!

Ademais, tamén fixemos un mercadiño de libros. Neste trimestre, na Bibliosanluís expurgáronse moitos libros para poder introducir outros novos. Dada a falta de espazo, quixemos darlles unha segunda vida e non se nos ocorreu mellor lugar para iso que os fogares do noso alumnado.






Agardo que este Nadal gocedes da lectura e que vos coidedes moito. Deséxovos unhas felices festas e que o 2021 veña cheo de cousas boas!!

Un bico ben forte,



martes, 22 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Se neste Nadal un libro queres agasallar, 

unhas ideas che vou dar.

Boa tarde lectoras e lectores!! Como estades? Xa están aquí as vacacións de Nadal 🌲 así que, coma sempre, dende a biblioteca elaborouse un tríptico con recomendacións de lecturas📚📕 Seguro que xa o vistes porque o levastes hoxe para as vosas casas. Aínda así, déixovolo en formato dixital.

Boa lectura,

martes, 8 de decembro de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DA DISCAPACIDADE

Bo día lectoras e lectores!! Que tal vai esta ponte festiva? Agardo que ben, mañá volvemos vernos no cole 😊

Lembrades que celebramos o xoves día 3 de decembro? Siii, acertastes!! O Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Como sabedes, propúxenvos a lectura do conto O cazo de Lorenzo e, a partir del, tiñades que reflexionar sobre aquelas cousas nas que tedes dificultade, para as que precisades axuda... pois todos e todas precisamos que nos boten unha man nalgo!!

Coas vosas fotos fixen un vídeo, velaí vai 👀


Este vídeo tamén o podedes atopar no blog "Zoqueando á par" do Departamento de Orientación. Lembrade visitalo pois conta con recursos moi interesantes 😀 Velaquí tedes a ligazón á entrada deste día: https://zoqueandoapar.blogspot.com/2020/12/benvidos-e-benvidas-de-novo.html

Un bico ben grande,


sábado, 5 de decembro de 2020

BICOS DE FLORES!!

Canto botamos de menos darnos biquiños e apretas nestes tempos de pandemia verdade? Pois o alumnado de 5 anos argallou unha maneira moi divertida de darse bicos! Colorearon e recortaron bicos de papel e agasallaronse entre eles e elas unha morea de bicos ao ritmo dun poema que aprenderon o xoves na clase titulado"Bicos de Flores" do "Libro dos Bicos"😘👄💙💚💜💕 





Parabéns!!!

Un saúdo do voso trasniño de Biblioteca,



martes, 1 de decembro de 2020

3 DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



O xoves 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Para que poidades traballar sobre esta temática, déixovos unhas curtametraxes.

O CAZO DE LORENZO en base ao que vos propoño unha actividade. Debuxar nun cazo, unha debilidade de cada un/unha de vós. Veredes que todos e todas temos dificultades para realizar algunha cousa pero iso, xustamente iso, é o que nos fai ser especiais.

CUERDAS


EL REGALO


TAMARA


EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS


LOS OJOS DE UN NIÑO


POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

"La (dis)capacidad es la capacidad extraordinaria de ser capaz" El Pupitre de Pilu

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boa tarde lectoras e lectores!! Hoxe tráiovos unha entrada mooooi moi especial pois amosareivos todos os traballiños que estivestedes a facer estes días para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Como sabedes, envieivos algúns libros para que traballásedes nas vosas clases.


Velaquí van os vosos traballiños e as decoracións das fiestras. Parabéns por poñer tanto empeño nesta actividade!!

4.º EDUCACIÓN INFANTIL


5.º EDUCACIÓN INFANTIL

6.º EDUCACIÓN INFANTIL





TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

1.º EDUCACIÓN PRIMARIA



3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

4.º EDUCACIÓN PRIMARIA


5.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Moitas grazas por todas as fotos e videos.

Un saúdo,



domingo, 29 de novembro de 2020

PREMIO EXPOSICIÓN "RECORDANDO CARVALHO CALERO"

Hai uns días recibimos no colexio unha visita moi especial. Pura Galán, a coordinadora provincial dos equipos de dinamizacion da lingua galega da Coruña, achegouse ata o cole para facernos entrega do cheque e do diploma referido ao premio que gañamos o curso anterior coa exposición "Recordando Carvalho Calero".


Moitas grazas de parte de toda a comunidade educativa.

venres, 27 de novembro de 2020

RECORDANDO CARVALHO CALERO

Por mor da crise da COVID-19, a Real Academia Galega decidiu retomar o pasado mes de outubro a celebración das Letras Galegas, dedicada a Ricardo Carvalho Calero. É por isto veño para deixarvos aquí un vídeo sobre a súa biografía.


Se queredes acceder a todo o material elaborado para a exposición titulada "Recordando Carvalho Calero", accedede ao seguinte blog: https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/

Un saúdo,