martes, 5 de novembro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS

Coa chegada do Samaín e da man das nosas familias disfrutamos dunhas xornadas ben entretidas de "lecturas terroríficas". Que ben o pasamos coas historias do Gatipedro, Un Vampiro Peligrozo, A pantasma das bragas rotas....entre outras. Moitas grazas familias, sin a vosa colaboración non sería posible.🧡🧡🧡
leturas de Infantil

martes, 22 de outubro de 2024

O SAMAÍN ACHÉGASE...



Este curso o noso proxecto anual é "TRADICIÓNS UNINDO XERACIÓNS", por iso polo Samaín, que xa está ás portas, queríamos darvos a coñecer unhas personaxes mitolóxicas da cultura popular galega que dan medo.
Para coñecelas deixámosvos a seguinte actividade a continuación.
Esperamos que vos gusten.
Estade atentos porque ao longo da vindeira semana teremos unhas actividades preparadas para celebrar esta festividade!









xoves, 10 de outubro de 2024

NOVO CURSO: COMEZAMOS CON GANAS!

Benqueridos nenos e nenas! 
Son Fidalgo e estou encantado de estar un ano máis con vós. Este curso xa temos a biblioteca lista pero ao longo do curso iremos facendo melloras e espero que colaboredes comigo. 
Para empezar preparei xunto coas responsables da biblioteca esta presentación para que aprendades a buscar mellor os libros na biblioteca. Tamén organizamos sesións de formación para os colaborades e o alumnado de todos os cursos para practicar. 
A continuación déixovos a presentación e algunhas fotografías de cando visitastes a biblioteca. 
Recordade tamén que se queredes buscar un libro podedes tamén facelo a través do seguinte enlace: 



venres, 5 de xullo de 2024

Recomendacións Lecturas Verán

Velaquí as lecturas que Fidalgo nos recomenda para este verán. Porque como ben dí o noso trasno.... "Verán: tempo de lecer pero tamén de ler". Vémonos Pronto. Disfrutade das vacacións!!!!
Recomendaciones Lectura verán 2023 de Biblioteca

xoves, 13 de xuño de 2024

Preprogramando con Yolo.

O alumnado de Ed. Infantil estivemos preprogramando con un dinosaurio moi especial ao que lle demos vida na impresora 3D e bautizamos como Yolo. Simplemente tiñamos que fixarnos no camiño que programaron as profes para levar a Yolo xunto os seus oviños que o estaban agardando.
PREPROGRAMACIÓN CON..... yolo de Infantil