Bo mércores raparigos e raparigas!! Que tal ides de enerxía?? Hoxe tráiovos unha proposta artística de facer unha colaxe persoal.
Necesitades:
✂ Tesoiras.
📌Cola ou pegamento.
📎 Cinta adhesiva.
📜 Revistas vellas.
Que tedes que facer? Precisades un folio ou cartolina grande para elaborar unha colaxe persoal que ilustre, cos recortes das revistas, as contestacións a estas frases:
- Os meus obxectos favoritos son...
- Encántame...
- Quero ser...
- Polas tardes acostumo a...
- Se puidera escoller un sitio ao que ir, iría a...
- Ás veces síntome...
- Quero aprender a...
- Teño dificultades con...
Unha vez feito, podedes colgalo na habitación e, cando comecen as clases, compartilos cos demais compañeiros e compañeiras. Ahh, non vos esquezades de compartilo tamén con nós agora!! Se me enviades fotos 📷📷 publicareinas no blog.
Un saudiño,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario