martes, 6 de outubro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2020/2021


Boa tarde lectoras e lectores!! Como extrañaba escribirvos por aquí... Espero que vos lembredes de min!! Son Fidalgo, a mascota da vosa biblioteca 😊 Como estades? Que tal as vacacións? E a volta ao cole?

Estou aquí para darvos a benvida a este curso 2020/2021 que vai ser un pouco diferente pero non por iso vai pasar desapercibido, todo o contrario. Propoñereivos actividades variadas, para celebrar as conmemoracións, recomendareivos lecturas e moitas máis cousiñas que xa levamos facendo un tempo pero que nesta ocasión adaptaremos á situación da COVID-19.


Gustaríame facer nesta primeira entrada do curso, unha homenaxe a Quino. Sabedes quen é? Joaquín Salvador Lavado foi o creador de Mafalda, unha nena curiosa, inqueda e moi irónica á que lle encanta filosofar a partir de feitos cotiás. É pois a protagonista de numerosas viñetas que seguro coñecedes. Deixámosvos a continuación un pequeno agasallo que unha boa amiga me fixo chegar. Na primeira imaxe podedes ver unha estantería chea de libros polo que, se premedes neles, accederedes a diferentes tiras que amosan a visión crítica de Mafalda, a súa preocupación e defensa pola humanidade e outros moitos temas ben importantes.


Antes de despedirme por hoxe, gustaríame dicirvos que esteades ben atentos os próximos días 👀 avecíñanse novidades moi importantes na biblioteca!! Estou seguro de que vos encantarán 😍

Moitos saúdos a todos raparigos e raparigas, ánimo co curso!! 💪💪




Ningún comentario:

Publicar un comentario