Ola raparigos e raparigas!! Como estades? Que tal levades estes días de temporal? Agardo que vos esteades coidando moito!! Hoxe veño para contarvos que, dende o luns 25 ao venres 29 deste mes, imos celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
En cada clase recibiredes un folio como o que vos vou presentar a continuación. Como vedes, conta con diferentes códigos QR que, cada día, debedes escanear e realizar a proposta. Recordade que podedes adaptalas aos vosos ritmos e tarefas, é dicir, se algún día non podedes facelas polo motivo que sexa, podedes facelas ao seguinte. Agardo que vos gusten 😀
Ademais, na entrada do colexio hai unha exposición de libros sobre a temática. Velaquí vos deixo os seus títulos.
Un saúdo,
Ningún comentario:
Publicar un comentario