Bo día a todos e a todas!! Hoxe queremos amosarvos as propostas que se fixeron polo Día da Saúde (7 de abril), todas elas en relación coa robótica e os robots dos que dispoñemos no centro.
Velaquí a explicación das actividades:
💕Educación Infantil: empregando os Ozobots, debuxamos en papel continuo corazóns e, a través de diferentes códigos de cores, poñémolos a funcionar.
💕Educación Primaria: realizamos na aula varios grupos. Cada grupo enumera catro accións favorables para a saúde. Unha vez superado isto, obséquiase ao grupo coa simulación do latexo do corazón usando a placa micro:Bit.
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Moitas grazas pola vosa participación. Alégrame ver que teñen tan boa acollida as propostas 😍
Un bico para todos e todas,
Ningún comentario:
Publicar un comentario