domingo, 26 de outubro de 2025

CURSO 2025_2026 NOVO CURSO, NOVO PROXECTO

 

Un ano máis comezamos o curso con moita ilusión! Este curso o noso proxecto anual titúlase "SAN LUÍS INFORMA". É un proxecto interdisciplinar no que contaremos para o seu desenvolvemento coa participación de todo o equipo docente, equipos de dinamización, alumnado e familias. A través del pretendemos dar resposta ás necesidades informativas das persoas que integran a comunidade educativa, formando ao alumnado para unha participación activa, plena e comprometida coa sociedade complexa na que nos toca vivir, por iso centrarémonos en tres dos 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible que foron aprobados polas Nacións Unidas.


Traballaremos sobre os obxectivos: 3, 15 e 16.
Penso que vai ser moi enriquecedor.
Preparados? Comezamos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario