Bo venres a todos e a todas!! Chegamos ao final desta semana pero non queremos rematala sen amosarvos o cartel 3 da exposición Recordando Carvalho Calero.
Fixástesvos que en cada un dos carteis hai dous códigos QR? Para acceder á información que conteñen cómpre descargar no voso móbil ou tablet un lector de códigos QR. Unha vez o tedes instalado, enfocádelos coa cámara e... listo!! Xa vos leva á páxina correspondente 😊
Por se vos é máis sinxelo, déixovos a ligazón que inclúen os códigos deste cartel:
- Unha imaxe interactiva onde podedes ampliar información do cartel pinchando nos dedos que aparecen de cor lila: https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/2020/04/imaxe-interactiva-cartel-3.html
- Un vídeo sobre a lectura do seu texto: https://recordandocarvalhocalero.blogspot.com/2020/04/lectura-cartel-3.html
Descubrirades isto nos dous anteriores??
Agora unhas preguntiñas de comprensión deste cartel para comprobar que estivestes moi atentos/as á súa lectura:
✨Con que persoas importantes estivo en contacto don Ricardo?
✨Cales son as súas facetas profesionais?
✨Indica tres adxectivos que o definen.
------------------------------------------------------------
Como sabedes, hoxe 15 de maio, celébrase o Día da Familia 💓 As nenas e nenos do CEIP Xesús San Luís Romero temos preparada para vós unha pequena sorpresa, agardamos que vos guste. Estade atentas 👀
Agora, deixámosvos unha serie de libros que tratan sobre a diversidade familiar 🌈 Pinchade nas imaxes para acceder aos contos e vídeos. Agardamos que gocedes da súa lectura 😊
El libro de familia
Familias. La mía, la tuya y la de los demás
Mi familia y algunas otras
Familias por Oh! Mami Blue
La mejor familia del mundo
Un puñado de botones
“Hai tantas familias como formas de amar” Oh!
Mami Blue
Boa fin de semana,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario