Bo día!! O profe César envía estas tarefas de Inglés para o alumnado de 6º de Educación Primaria. Moito ánimo!!
Bos días:
A) Imos facer un collage, que consiste en coller unha foto (mellor en color) dunha revista ou periódico, por exemplo, e engadirlle a cara, os brazos, pernas, etc…ou calquera outro detalle (un gorro, gafas, unha ferramenta…) doutra persoa para facelo gracioso; tamén podedes poñerlle a vosa cara cunha foto tipo carnet, se queredes. Podedes colgalas na blog cando rematedes e, canto máis ridícula, mellor.
Logo, a parte de inglés consiste en escribir información básica sobre a persoa, criatura ou mounstro que creáchedes.
Para iso usaremos as frases básicas do outro día.
Por exemplo, podedes inventar un nome e poñer:
Hello, my name is Frankristopher, I´m ten years old, I´m short and I like cars…
Debedes escribir, mínimo, sete frases curtas e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes decir, confiade en vos e usade a cabeciña e máis o diccionario ou o traductor, se é necesario.
A ver quen fai o ser máis divertido, vale?.
Ao final vos mando varios exemplos, espero que vos gusten:
B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, ben sinxelas (unha delas é, precisamente, para repasar a información que debedes usar no collage).
Non esquezades que tedes acceso os libros dixitais, onde podedes facer as actividades que queirades e que inclúen as despostas para que podades comprobar os resultados.
Xa aceptei a aqueles de vos que se apuntaron, pero cabemos todos!.
E non deixedes de visitar as páxinas dos xogos, que algún de vos xa me enviou algún vídeo xogando e, dende logo, ben divertido é…
Ningún comentario:
Publicar un comentario