Bo luns!! Que tal estades? Todo en orde?? Agardo que si 😀 Esta semana recibín unha moi grata sorpresa. Traballiños vosos sobre o autor homenaxeado nestas Letras Galegas.
O voso compañeiro Mateo de 3.º de Educación Primaria quixo compartir un videopoema. Parabéns Mateo e moitas grazas por compartilo con nós!! 💓
O voso compañeiro Mateo de 3.º de Educación Primaria quixo compartir un videopoema. Parabéns Mateo e moitas grazas por compartilo con nós!! 💓
Caricaturas de don Ricardo feitas polos Fedelleir@s do San Luís, é dicir, o alumnado de 3.º e 4.º de Educación Primaria. Que artistas!! 😍
Diferentes traballiños do alumnado de Educación Infantil. Velaquí vos deixo algunhas fotos, fixérono xenial 😍
Iniciais de Ricardo Carvalho Calero
Manualidade dunha pita logo de escoitar o conto As pitas baixo a choiva
Realizaron acrósticos coma os do cartel 6
Debuxaron a don Ricardo con máscara, como é propio dos tempos de pandemia
Agora damos paso ao cartel 8 da exposición Recordando Carvalho Calero. Titúlase "Obra inmensa".

E agora unhas preguntiñas para saber que atentos estivestes:
📚 Escribe os títulos das obras que aparecen recollidas no cartel.
✏ Que tipo de xéneros literarios escribiu Ricardo Carvalho Calero?
📙 Encima da mesa aparece un libro aberto. Como se titula o poema que se pode ler nel? Quen o escribiu?
Alguén se anima cunha actividade interactiva? Velaquí tedes unha feita polo CEIP Plurilingüe A Cristina de aquí de Carballo. Premede na seguinte ligazón e poderedes xogar dende o ordenador, a tablet ou o móbil: https://view.genial.ly/5eb3e12c8058270d1d1956f4
Como no cartel aparece reflectida a visión dende unha ventá, antes de marchar quero deixarvos un audioconto titulado Ventanas de Carmen Queralt.
Un saúdo e bo comezo de semana,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario